ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

O rapeiro santiagués Saibran estrea proxecto musical: Durmir é para covardes

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de octubre de 2025 a las 12:24

Compartir
  • Cibrán García (Boyanka Kostova) prepara o lanzamento da súa proposta máis persoal e experimental da man do selo galego Tremendo Audiovisual
  • O álbum debut de Saibran,  proxecto do que tamén forman parte o baixista Julián Goicoa e o batería Fiz García, verá a luz antes do Nadal

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2025.- Durmir é para covardes. Unha sátira e declaración de intencións desenfadada, unha canción para insomnes creadas co desvaríos que trae o desvelo, é a proposta coa que se presenta o novo proxecto de rap galego Saibran.  A súa carta de presentación xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais.

Saibran é o novo proxecto musical -e persoal- de Cibrán García, o rapeiro santiagués, tamén coñecido por ser o 50% de Boyanka Kostova. A proposta agroma da creatividade inxente do artista, da súa necesidade de experimentar e de colaborar con outros nomes da escena. Unha voz sen ataduras que se nos amosa tan introspectiva como reivindicativa e que, nesta andaina, acompáñase doutras dous figuras chave: Julián Goicoa, baixista, e Fiz García, batería.

O seu primeiro sinxelo, Durmir é para covardes, expón e retrata, dalgún xeito, as liñas principais do proxecto. Humor, diversión e experimentación son os piares dun tema no que a realidade trasnoitada se mestura deliberada -e consecuentemente- cos delirios que nacen nos desvelos. Un sinxelo que engloba a alma de Saibran, tanto a nivel sonoro como letrístico.

Este é o primeiro avance dun traballo que verá a luz, da man do selo galego Tremendo Audiovisual, antes do Nadal, e que contará coa colaboración de nomes como Juait, crnds e Møu. A estrea de Saibran ao vivo chegará no mes de decembro para sorprender ao público cun directo dinámico, con instrumentación de baixo e batería, que irá do máis orgánico e analóxico á electrónica máis pura.

Etiquetas

musicarapsaibran
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.