ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PSdeG esixe unha actuación urxente no campo de fútbol da Merced en Conxo

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de abril de 2026 a las 15:13

Compartir
  • O grupo socialista denuncia a falta de mantemento nunha instalación clave para o deporte base en Santiago e pide unha actuación inmediata e a planificación dunha renovación integral.
  • Marta Abal advirte de deficiencias nos vestiarios, na iluminación e no terreo de xogo.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2026. O Grupo Municipal Socialista defendeu no último pleno unha moción para mellorar o estado das instalacións do campo de fútbol da Merced, en Conxo, unha iniciativa que foi aprobada.

A concelleira socialista, Marta Abal, advertiu de que se trata dun espazo “clave para o deporte base en Santiago”, utilizado a diario por centos de rapaces e rapazas, pero que na actualidade “non está nas condicións que merece”.

A concelleira denunciou que as instalacións levan tempo acumulando deficiencias, con “vestiarios con problemas, falta de condicións axeitadas, unha iluminación que xa deu incidencias e un terreo de xogo deteriorado”.

Neste sentido, alertou de que a situación do campo pode chegar a supoñer “un risco” para as persoas usuarias, especialmente tendo en conta o seu uso intensivo e subliñou que non se trata dun problema puntual, senón da consecuencia dunha “falta de mantemento continuada no tempo” nun equipamento fundamental para a cidade.

Por iso, o Grupo Municipal Socialista reclamou unha actuación decidida por parte do Goberno municipal, que pase por “resolver as urxencias e planificar dunha vez unha renovación integral das instalacións”. “Porque apostar polo deporte base non é só dicilo, é garantir que os rapaces e rapazas teñan espazos seguros e dignos onde practicar deporte”, afirmou a socialista.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, Abal advertiu de dende as filas socialistas farán seguimento desta cuestión para que a mellora das instalacións do campo da Merced “se traduza en feitos e non quede nunha nova promesa incumprida”.

Etiquetas

campo de futbolcampo de futbol da merceconxodenunciadeportespoliticaSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Un incendio nunha vivenda okupada de Conxo provoca unha gran columna de fume
Destacado

Un incendio nunha vivenda okupada de Conxo provoca unha gran columna de fume

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete
Deportes

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española
Deportes

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española