ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercio

O PPdeG critica a suba do IVE aos produtos básicos: Prado e Verea visitan a Praza de Abastos

● “Non se entende que o Executivo que máis impostos recada da historia decidira esta semana que os galegos e galegas, e todos os españois, paguemos máis IVE en alimentos básicos”, denuncia Paula Prado

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de octubre de 2024 a las 15:07

Compartir

● A secretaria xeral dos populares galegos reitera a demanda de rebaixar o IVE de máis alimentos básicos como o peixe, a carne ou as conservas: “Unha medida á que Sánchez se ten oposto de xeito reiterado a pesar de que tanto o Parlamento de Galicia como o Congreso dos Deputados lle trasladaron este mandato”

3 de outubro de 2024. O Partido Popular de Galicia amosa o seu rexeitamento á decisión do Goberno central de subir o IVE aos produtos básicos, argumentando que con esta decisión se constata que “a única prioridade de Pedro Sánchez é a súa propia supervivencia” e non a das familias nin a dos comerciantes que madrugan cada mañá para vender os seus mellores produtos.

En declaracións aos medios antes de realizar unha visita á Praza de Abastos de Santiago de Compostela acompañada polo presidente local do PP, Borja Verea, a número dous dos populares galegos lamentou que o Goberno “non está axudando ás familias e ás pequenas empresas que ven como cada día ascende o custo da cesta da compra”.

“Non se entende que o Goberno central que máis impostos recada da historia decidira esta semana que os galegos e galegas, e todos os españois, paguemos máis IVE en alimentos básicos”, asegurou ao tempo que remarcaba que os alimentos se teñen encarecido un 35% máis nos últimos tempos.

Paula Prado volveu insistir na demanda de rebaixar o IVE de máis alimentos básicos como o peixe –“cuxo consumo segue baixando”, apuntou– a carne ou as conservas. Unha medida á que o Goberno de Sánchez se ten oposto de xeito reiterado “a pesar de que tanto o Parlamento de Galicia como o Congreso dos Deputados lle trasladaron este mandato”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Sánchez non está preocupado pola supervivencia das familias, nin das pequenas e medianas empresas. Só está preocupado pola súa propia supervivencia e o único que abarata son os votos do independentismo”, concluíu a secretaria xeral.

Etiquetas

IVEmercadonoticias compostelapppraza de abastosradio lider santiatgosantiagovisita
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Catedral, Mercado… y ahora, este rincón del Ensanche conquista a los peregrinos
Destacado

Catedral, Mercado… y ahora, este rincón del Ensanche conquista a los peregrinos

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»
Comarca

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»

BNG-CA e PP chocan polos Orzamentos; o PSOE agarda pola “letra pequena”
Actualidad

BNG-CA e PP chocan polos Orzamentos; o PSOE agarda pola “letra pequena”

Verea sobre a financiación do Banco de Alimentos: “Na Coruña achegan 50.000 € e en Santiago non chega nin aos 5.000”
Actualidad

Verea sobre a financiación do Banco de Alimentos: “Na Coruña achegan 50.000 € e en Santiago non chega nin aos 5.000”