ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

O PP reclámalle ao BNG que programe unhas festas «máis ambiciosas e dignas da capital de Galicia»

·                 Coa programación plantexada polos nacionalistas, – indicou Adrián Villa-, «caracterizada pola falta de ambición, de organización e de planificación, Santiago está a perder a súa posición e oportunidades que están a rentabilizar outras cidades e concellos de Galicia”.

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de junio de 2025 a las 14:53

Compartir

·                 Nerea Barcia non quixo deixar pasar a oportunidade de “pór en valor ás comisións de festas da cidade que, con moitos menos recursos, atraen moitísimas persoas ás súas festas e só por unha razón, porque teñen gañas de traballar e facer as mellores festas posibles”, e agradeceu aos “nosos artistas galegos e galegas que leven a nosa lingua e a nosa cultura moitos puntos do mundo.

Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia e Adrián Villa, reclamáronlle hoxe, en rolda de prensa, ao goberno nacionalista que abandone “o conformismo no que leva dous anos instalado e programe unhas festas máis ambiciosas e, sobre todo, dignas da capital de Galicia”.
Adrián Villa subliñou que, pola falta de xestión e poucas miras, o BNG está a organizar unhas festas en Compostela, tanto na Ascensión como no Apóstolo, que “xa non atraen e se converteron nas peores festas de toda Galicia, posto que están sumidas nunha evidente  falta de ambición na programación en global: na verbena na Alameda, nas atraccións, nas actividades nos barrios e na falta de información, entre outros moitos aspectos”.

Para o edil popular, “non é comprensible que a finais de maio, co sol e a luz da que gozamos ata altas horas, os concertos da Quintana teñan rematado ás 10:30 ou 11 da noite, como foi o caso do día maior das festas da Ascensión, cando o concerto que se celebraba na Quintana, rematou ás 11 da noite e non houbo orquestra na Alameda, xusto a xornada na xente máis podía desfrutar, porque ao día seguinte era festivo, pero ao goberno local “esquencéuselle” facer unha programación para os composteláns”.

“A todo iso, -explicou- hai que engadir que no apartado de concertos e actividades en parques dos barrios é necesario potenciar a presenza no noso casco histórico, onde a xente quere vivir as festas, entorno á Alameda e ao resto de contido que hai nas rúas tradicionais».

Villa engadiu que “nós apostamos pola música e artistas galegos, sen dúbida e, no 2027, co goberno do Partido Popular, seguiremos e apostaremos en maior medida pola música e artistas galegos, pero sen deixar de lado o panorama nacional e internacional, para complementar a nosa programación”.

“Coa programación plantexada polos nacionalistas, – indicou Adrián Villa-, caracterizada pola falta de ambición, de organización e de planificación, Santiago está a perder a súa posición e oportunidades que están a rentabilizar outras cidades e concellos de Galicia”.

Pola súa banda, a concelleira popular, Nerea Barcia, lamentou que “Santiago de Compostela perdese o seu estatus de referente en canto á programación das nosas festas, xa que persoas de toda Galicia, incluso do noroeste de España, estaban pendentes da programación das festas da Ascensión e do Apóstolo semanas antes e, chegadas as datas, desprazábanse á nosa cidade a vivilas”.

“Hoxe, -subliñou- non podemos afirmar isto, xa que o goberno nacionalista xa non quere que Santiago sexa un referente, nin en festas, nin en nada, deixando que os propios santiagueses teñan que ir ata outras vilas para desfrutar dunha programación en condicións, xa que como dicía o meu compañeiro, Santiago ten as peores festas de toda Galicia”.

Na súa intervención, Nerea Barcia puxo como exemplo a programación das festas do 2024 e as xa celebradas deste ano, a Ascensión, “onde se pode ver que a tendencia do goberno do BNG é ir a peor”.

“O deber dun goberno municipal como o da capital de Galicia e meta mundial de peregrinación -dixo- é ofrecer unha programación a toda a cidadanía e tamén aos visitantes que,aínda que non o queiran ver, supoñen un impulso económico”.

Barcia insistiu en que “o goberno local non estivo á altura, xa que foron múltiples as queixas dos santiagueses, que botaron moitas cousas en falta, como: unha maior presenza dos nosos cabezudos; mellor organización nas actuacións das nosas asociacións folclóricas; as orquestras na Alameda ou concertos de maior calado e, sobre todo, con maior amplitude horaria”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, a edil popular non quixo deixar pasar a oportunidade de “pór en valor ás comisións de festas da cidade que, con moitos menos recursos, atraen moitísimas persoas ás súas festas e só por unha razón, porque teñen gañas de traballar e facer as mellores festas posibles”. Barcia agradeceu tamén “aos nosos artistas galegos e galegas que leven a nosa lingua e a nosa cultura a moitos puntos do mundo”.

Etiquetas

compostelafestaspoliticapp
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.