ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP pregunta ao PSOE se apoiará os orzamentos do BNG nos que aumenta o «exército de asesores»

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de febrero de 2024 a las 15:02

Compartir
  • “Non se pode enganar aos veciños criticando un día á alcaldesa e ao seguinte dándolles un cheque en branco para que fagan e desfagan ao seu antollo”
  • Así, deixou claro que “estaremos espectantes este mércores 7 de febreiro para ver por o que deciden os socialistas de Muíños, se tirar por o rédito electoral ou pola súa dignididade política como oposición”

O vicevoceiro do Partido Popular de Santiago, Jose Antonio Constenla, preguntoulle esta mañá ao PSOE se sigue apostando por apoiar os orzamentos do BNG a pesar de que estes reflicten un aumento na partida de persoal para o exército de asesores dos nacionalistas.

Constenla lembroulle a Muíños as súas palabras hai tan só 3 meses, nas que o voceiro socialista denunciaba que o goberno de BNG era o “máis caro da historia da cidade”. “Por iso gustaríanos saber se é máis importante para os socialistas composteláns a foto duns orzamentos aprobados en plena campaña electoral ou a dignidade política de non consentir o derroche de “máis de 2 millóns de euros” dos que falaba Muíños en outubro.

Apoiando estes orzamentos, o Psoe convírtese en cómplice da nefasta xestión do goberno do BNG, “non se pode tirar a pedra e esconder a man”, salientou o edil popular. “Non se pode enganar aos veciños criticando un día á alcaldesa e ao seguinte dándolles un cheque en branco para que fagan e desfagan ao seu antollo”, como presentar uns orzamentos no que o número de asesores de nivel A1 (máximo nivel salarial) sube de 6 a 14.

Para Constenla, os socialistas perden con este apoio toda a súa lexitimidade como oposición, posto que pasan a ser partícipes da acción do goberno. “Non vale agora que lle reclamen novos investimentos que eles non foron quen de incluír na súa negociación”, destacou.

Así, deixou claro que “estaremos espectantes este mércores 7 de febreiro para ver por o que deciden os socialistas de Muíños, se tirar por o rédito electoral ou pola súa dignididade política como oposición”.

“Se finalmente apoian os orzamentos, está claro que a única oposición lexitimada para pedir explicacións ao goberno nacionalista será o Partido Popular de Santiago”, sentenciou Constenla.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

orzamentospoliticappsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo