ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP denuncia a «ocultación de información» de BNG e CA nas negociacións con Ryanair

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de marzo de 2026 a las 14:40

Compartir
  • María Baleato subliñou que “os nacionalistas está a obstaculizar a nosa labor de oposición ao non ternos aportada a documentación que lle solicitamos dende hai tempo, polo que agardamos que nos fagan chegar dita información, senón verémonos obrigados a tomar outras medidas”.
  • “O que queremos saber, -dixo- é canto destinou o Concello de Santiago a financiar á compañía Ryanair porque, de ser o caso, sería unha completa irresponsabilidade e un despilfarro dos fondos públicos”.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, denunciou hoxe, en rolda de prensa, a ocultación de información por parte do goberno de BNG e CA, en relación ás negociacións que teñen levado a cabo coa compañía aérea Ryanair. A popular subliñou que “os nacionalistas están a obstaculizar a nosa labor de oposición, ao non ternos aportada a documentación que lle temos solicitado dende hai tempo, polo que agardamos que nola faciliten, senón verémonos obrigados a tomar outras medidas”.

“Os nacionalistas non nos responden á cuestión formulada, o que queremos saber é canto destinou o Concello de Santiago a financiar a compañía Ryanair porque, de ser o caso, sería unha completa irresponsabilidade e un despilfarro dos fondos públicos”.

A edil popular destacou que “temos dereito a coñecer os antecedentes, os datos ou informacións que obran en poder dos servizos do goberno nacionalista e que resultan precisos para o desenvolvemento da nosa función e o goberno de BNG e CA non está a darnos a información que lle solicitamos, vulnerando, deste xeito, o noso dereito fundamental, porque estamos dentro do núcleo da función representativa”.

Baleato remarcou que “o peche da base da compañía é un asunto que levamos ao Pleno, que denunciamos publicamente, que nos preocupou e segue a facelo e, por iso, lle preguntamos ao goberno de BNG e CA que cantidades do orzamento de Incolsa foron destinadas ás compañías aéreas que operan en Santiago, concretamente, nos anos 2023, 2024 e 2025”.

Ademais, insistiu , “esta semana, a concelleira de Turismo, Miriam Louzao vinculou a caída do turismo coa retirada de voos por parte desta empresa, dicindo que a relación coa caída é obvia, posto que, en xaneiro de 2025, tiñamos sete conexións estatais que agora non temos, o que fai que levante o noso interese en Ryanair”, explicou.

A popular indicou que “o PP de Santiago formulou a pregunta o 15 de decembro, rexistrámola de entrada ao día seguinte e obtivemos a resposta da alcaldía o 13 de febreiro de 2026, é dicir, a alcaldesa resposta fóra de prazo e, ademais, nos nega, por escrito, a información solicitada”.

María Baleato destacou que o que “os nacionalistas nos respostan é que os créditos iniciais do orzamento de INCOLSA destínanse ás campañas de marketing en Europa e on line no Reino Unido, Italia e Alemaña; e se nos recorda que a discreción é unha virtude necesaria para poder negociar acordos con cantidades realistas e asumibles e que o PP conta coa correspondente representación no consello de administración de Turismo de Santiago que, entenden, é o lugar para tratar estes temas que están suxeitos á confidencialidade debida”.

“É inxustificable -aclarou- que se amparen na discreción como virtude para negociar acordos, porque nós somos perfectamente coñecedores da normativa e é o noso deber gardar reserva en relación coas informacións facilitadas, polo tanto non podemos facer outra cousa que denunciar publicamente a vulneración do noso dereito de acceso á información”.

Baleato insistiu en que “estamos diante de información relativa a actos de xestión administrativa con repercusión económica ou orzamentaria: contratos, convenios subscritos, subvencións ou axudas públicas concedidas, polo tanto temos dereito a coñecer as obrigas económicas asumidas ou os importes destinados a Ryanair”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Na actualidade, o aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro está a atravesar unha difícil situación, onde a redución de voos afecta á caída das pernoctacións na cidade, foron 16.033 menos (segundo os datos do INE), o que deixou un nivel de ocupación do 30,38% fronte ao 41,60% de xaneiro do 2025 (10 puntos de caída).

Etiquetas

politicaryanairSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago