O popular insistiu en que “a xestión destes contratos é opaca, escura e sospeitosa” e explicou que, “en decembro, solicitamos acceso ás peticións de Serviplustotal de resarcimento de desequilibrio económico e da rescisión de contrato; e, dez meses despois, estamos esperando resposta”.
“Así mesmo, -subliñou- en febreiro, pedimos tamén acceso aos informes técnicos e xurídicos deste expediente e, sete meses despois, seguimos esperando resposta, o que fai que nos preguntemos: por que se negan a entregar á oposición os informes técnicos, económicos e xurídicos que obran no expediente?”.
De la Fuente destacou tamén que “as actividade dos Centros socioculturais estase resentindo gravemente, con programas más cativos, cambios de horas, falta de persoal, instalacións defectuosas e mal climatizadas, falta de actividades e de material, algo que prexudica, sobre todo, as instalacións do rural, mentres, o ano pasado, os nacionalistas desviaron máis de 100.000 euros dos orzamentos para investimentos nos CSC, para outros fins que nada teñen que ver con estas instalación e as súas actividades”.