ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP amosa o seu total apoio á Semana Santa compostelá participando en todas as procesións

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de marzo de 2024 a las 11:06

Compartir

 

 

  • O concelleiro, Adrián Villa, solicitou ao BNG un “seguimento exhaustivo” dos servizos municipais co fin de garantir o transcurso dos 16 desfiles procesionais.
  • Os populares salientaron o “importante pulo económico para o comercio, hostalaría e hoteleira”, polo que esixen aos nacionalistas un incremento económico para preservar o patrimonio das Confrarías compostelás.

Co inicio das procesións da Semana Santa compostelá, o Partido Popular de Santiago amosou o seu total apoio a esta conmemoración, participando nas procesións de todas as confrarías da cidade.

O concelleiro, Adrián Villa, puxo así en valor que a Semana Santa “é xa un referente para a capital de Galicia e aínda ten moito camiño por percorrer”, algo que ven avalado pola relevancia que ten adquirido nos últimos anos, concretamente, desde a declaración como Festa de Interese Turístico autonómico no ano 2018.

Con este compromiso, durante o Pleno celebrado o pasado mércores, os populares solicitaron ao BNG un “seguimento exhaustivo dos servizos municipais básicos”, co fin de que as 16 procesións “poidan transcorrer con total normalidade” polo Casco Histórico de Santiago.

Por outra banda, os populares aproveitaron para demandar aos nacionalistas un incremento económico na aportación á Xunta de Confrarías da cidade. Unha contía que, ata o de agora, tan só corresponde ao importe que outorga o Goberno galego ás festas de Interese Turístico.

Así, Villa manifestou que “os recursos económicos son moi necesarios para as Confrarías, posto que teñen que preservar un importante patrimonio que non se pode perder”.

A Semana Santa compostelá é unha mostra de relixiosidade popular e de cultura tradicional de Santiago e, cada vez, son máis os visitantes que acoden a Compostela atraídos por unha conmemoración na que destaca a súa sobriedade e beleza dos seus pasos, que poñen en valor o noso patrimonio monumental.

Estamos ante unha tradición histórica e cultural arraigada na veciñanza santiaguesa, unha tradición que dá sentido á maioría das realidades que conforman a orixe, a evolución e o presente de Santiago e do seu Camiño, como cidade de referencia no mundo pola súa vinculación co sentir relixioso.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, Adrián Villa aproveitou para convidar a participar en todos os actos e procesións, xa que ademais de ser un ben relixioso e cultural, é “un importante pulo importante para o comercio, hostalaría e hostalaría da cidade”.

Etiquetas

compostelapoliticappsantiagosemana santa
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo