ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Pino aproba un orzamento de 5,71 millóns

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de diciembre de 2024 a las 19:02

Compartir
  • O Concello contará para o vindeiro ano 2025 cunhas contas que medran un 15% respecto ás do presente exercicio
  • A maior partida de gastos dedícase ao Servizo de Axuda no Fogar, á recollida e tratamento de residuos e ao mantemento da nova depuradora de Arca
  • O alcalde destaca a boa xestión económica do equipo de goberno, que mantén o Concello sen débeda con entidades bancarias     

O Pino. 17-12-2024.- O Concello do Pino contará para o vindeiro exercicio 2025 cun orzamento  de 5,71 millóns de euros, o que representa un incremento do 15,60% respecto do deste ano, que non chegaba aos cinco millóns. As contas, que foron aprobadas cos votos favorables do equipo de goberno (PP) e a abstención da oposición (PSdeG e BNG) reservan 3,14 millóns para o mantemento dos servicios que se lle prestan á cidadanía e 1,39 millóns (o 24,51% do total) para investimentos reais.

O alcalde, Manuel Taboada, resaltou a boa xestión do equipo de goberno para manter ao concello sen débeda cos bancos. Na explicación do capítulo de gastos sinalou que máis da metade (o 55,14%) resérvase para pagar os bens correntes e servizos que lle prestan a veciñanza. Entre estas partidas Taboada dixo que o maior incremento queda reservado para financiar o Servizo de Axuda no Fogar e a protección social primaria (con 989.000 euros), para a recollida e tratamento de lixo (430.000 euros) e para o mantemento da nova depuradora de Arca.

A investimentos reais, o Concello do Pino destinará o vindeiro ano un 24,51% do orzamento (1,39 millóns de euros). Neste capitulo indicou que unha parte importante resérvase para cofinanciar as obras que se incluirán no POS da Deputación e as do Plan de mellora de camiños municipais da Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta.

Os gastos de persoal representan o 13,48% do orzamento, con 769.878 euros.

No apartado de transferencias correntes, Manuel Taboada destacou que en 2025 se ían incrementar lixeiramente as subvencións que o Concello destina para colaborar con diferentes colectivos e entidades sociais como as comisións de festas (que pasan de 900 a 1.000 euros para cada unha) e coas diferentes parroquias para o mantemento das igrexas (subirán de 2.500 a 2.800 euros).

Polo que se refire ao apartado de ingresos, a maior partida corresponde coas transferencias correntes procedentes doutras administracións, que ascenderán a 2,92 millóns de euros; aos impostos directos, estimados en 1,51 millóns de euros, e as transferencias e capital (704.634 euros).

“A nosa intención é facer o máximo posible gastando o mínimo”, concluíu Manuel Taboada.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O orzamento foi aprobado cos votos a favor dos 7 concelleiros do Partido Popular e a abstención de BNG (2) e PSdeG (2).

Etiquetas

o pinoorzamentos
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago