ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

O Pino abre a inscrición no Lecer Nadal, destinado a rapaces de 3 a 12 anos

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de diciembre de 2023 a las 12:03

Compartir
  • O programa cubrirá as necesidades de conciliación nas vacacións escolares de luns a venres entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro
  • Conta con 50 prazas e o prazo para presentar as solicitudes remata o 18 de decembro

O Pino. 7-12-2023.- O Concello do Pino vén de abrir o prazo de solicitudes para participar no programa de conciliación Lecer Nadal 2023, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos que estean empadroados ou escolarizados no municipio, que pasen as vacacións no Pino ou que os seus proxenitores traballen no concello. Deste xeito, o Concello quere cubrir as necesidades de conciliación das familias con crianza durante as vacacións escolares de Nadal.

O Lecer Nadal desenvolverase, de luns a venres, entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro (agás os festivos) no pavillón municipal de Reboredo e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, en horario de 8.00 a 15.00 horas. En concreto, o servizo prestarase de luns a venres os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4, e 5 de xaneiro. En total son 9 días de actividade e o prezo do programa é de 20 euros, ao que se lle aplicarán descontos por familia numerosa ou monoparental.

O Lecer Nadal 2023 conta cun total de 50 prazas. Para que se poida levar a cabo requirirase un número mínimo de solicitudes. No caso de que haxa máis peticións que prazas ofertadas, atenderase aos seguintes criterios para valorar a admisión: empadroamento do/a menor no Pino (cun mínimo de 3 meses de antigüidade), criterio técnico dos Servizos Sociais, familias monoparentais, escolarización no Concello; que o pai, nai ou titor traballe no termo municipal e menores que desfruten das vacacións no Pino.

As familias interesadas en participar no programa deberán cubrir a ficha de inscrición que está dispoñible nas oficinas municipais (de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres) ou poden descargala da web municipal neste enlace. Unha vez cuberta, a ficha de inscrición poderá presentarse ben de forma telemática na sede electrónica do Concello ou ben presencialmente no rexistro municipal (en horario de oficina, de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres). A data límite para presentar as solicitudes remata o luns, 18 de decembro.

O pagamento efectuarase unha vez publicada a lista de nenos e nenas admitidos, na conta que o Concello ten en Abanca e que aparece nas bases do programa. O xustificante de pagamento deberá ser remitido ao Concello, presencialmente ou a través da sede electrónica, como data límite o 21 de decembro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As bases e a ficha de inscrición no Lecer Nadal poden consultarse na web municipal (www.opino.gal). Na mesma tamén están dispoñibles o formulario de solicitude de inscrición para a súa descarga.

Etiquetas

nadalo pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago