ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Pico Sacro busca ser BIC e formar parte das Montañas Sagradas do Mundo

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de octubre de 2025 a las 15:21

Compartir
  • O centro de interpretación do Pico Sacro en Boqueixón acolleu a pasada fin de semana a sétima edición do ciclo “Un Mes e Pico”

Boqueixón, 22 de outubro de 2025.- “Estou convencido de que todos xuntos conseguiremos ese obxectivo común: que o noso Pico Sacro sexa declarado Ben de Interese Cultural. Pero tamén vos digo que o traballo non vai acabar aí. Como en Boqueixón somos xente emprendedora e sen medo a nada, xa vos adianto outro desafío no que estamos xa traballando para o próximo futuro: conseguir que o Pico Sacro forme parte das Montañas Sagradas do mundo. Imaxinade: Monte Olimpo, Monte Sinaí, Monte Fuji, Machu Picchu… Pico Sacro. Quen dixo medo!”.

Con estas palabras o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, inauguraba esta fin de semana a sétima edición do ciclo “Un mes e Pico”, unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Boqueixón para poñer en valor o monte Ilicino e promover a súa candidatura a Ben de Interese Cultural (BIC). “Creo que todos os que estamos hoxe aquí presentes coincidimos en que hai motivos máis que de sobra para que o Pico Sacro sexa declarado BIC. E dende o Concello que presido seguiremos traballando para que ese nomeamento poida producirse o máis pronto posible”, apuntou o alcalde.

Conferencias

Así, o  centro de interpretación do Pico Sacro acolleu un ciclo de conferencias da man de cinco prestixiosos investigadores co obxectivo de ofrecer unha visión interdisciplinar do Monte Ilicino. Antonio César González García, doutor en Astrofísica, ex-presidente da Sociedade Europea de Astronomía e membro da delegación en Galicia do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), falou do Monte Ilicino como referente da paisaxe galega. Algo no que tamén insistiu César Parcero Oubiña, investigador científico no Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) e arqueólogo especializado na análise do espazo e a paisaxe ao longo da historia.

Pola súa banda, David Fernández Abella, arqueólogo e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, presentou os últimos achádegos arqueolóxicos localizados neste verán de 2025 durante a limpeza do alxibe do Castelo do Pico Sacro, antiga cisterna para almacenar auga desta antiga fortaleza edificada no século XII. Cristina Sánchez-Carretero, antropóloga, ex presidenta da Asociación de Antropoloxía do Estado Español, vicedirectora e investigadora do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, presentou os avances nos procesos de salvagarda do Pico Sacro como conxunto simbólico senlleiro de Galicia, paso previo á súa declaración como BIC.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, Felipe Criado-Boado, arqueólogo, profesor de investigación do CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio, pechou o ciclo analizando como en moitos países mantense memoria viva das montañas sacras, mentres que en Europa perdéronse case sempre. Unha presentación relacionada coa intención do Concello de Boqueixón de buscar a declaración do Pico Sacro como Montaña Sagrada do mundo.

Etiquetas

BICboqueixonmontañas sagradas do mundopico sacro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego
Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna
Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias
Comarca

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias