O Pico Sacro acolle este venres unha espectacular actuación da compañía Queiman e Pousa
Boqueixón, 11 de setembro de 2025.- O Pico Sacro acollerá mañá venres 12, ás 21:00 horas, un concerto-espectáculo da compañía Queiman e Pousa. Unha actuación que mestura tradición celta con música rock e que está organizado polo Concello de Boqueixón e a Xunta de Galicia. A entrada é totalmente libre e de balde.
Líder Redacción
11 de septiembre de 2025 a las 13:59
No espectáculo participan un total de once artistas, entre cantantes, músicos e actores. Durante preto dunha hora, ofrecerán unha posta en escena impactante, cunha coidada estética visual e unha forza musical que conectará ao público presente coa tradición celta, precisamente nunha contorna caracterizada polos mitos e lendas celtas.
Este será o segundo ano consecutivo no que Queiman e Pousa actúan no Pico Sacro. O pasado mes de setembro presentaron o seu espectáculo “Camiño Máxico”, no que non so narraron a lenda da Raíña Lupa senón que mesmo espertaron ao propio dragón que se di que habita no Monte Ilicino.
A actuación de mañá suporá tamén a consolidación do Pico Sacro como un recinto excepcional para acoller este tipo de espectáculos, pois o pasado 30 de xullo acolleu tamén unha actuación de Carlos Núñez, dentro da súa xira “Lugares máxicos 2025”.



