ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y CulturaSociedad

O Nadal en Teo contará con actividades culturais e unha cabalgata inclusiva

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de noviembre de 2023 a las 14:38

Compartir
  • O acendido de luces será este sábado 2 de decembro ás 19,30 horas na praza da Estivada da Ribeira, amenizado cun chocolate con churros de balde para todos os asistentes
  • O auditorio municipal acollerá diversas obras de teatro ao longo do mes, incluído o encontro de corais de Teo
  • A última semana do mes celebraranse as actividades adiadas do San Martiño: “A eira do paporrubio” e a “Gladiators Kids”
  • Por primeira vez, farase unha recepción silenciosa dos Reis Magos no Auditorio Constante Liste ás 15,50 horas, en colaboración coas asociacións BolboreTEA e Aspamite para as persoas con diversidade e problemas co ruído

Teo (A Coruña), 27 de novembro de 2023.- O Concello de Teo volverá a brillar este Nadal co acendido de luces, que terá lugar este sábado 2 de decembro, na praza da Estivada da Ribeira ás 19,30 horas. Así, dende o Consistorio anímase a toda a veciñanza para que se achegue ese día a desfrutar tamén dun chocolate con churros totalmente de balde.

A iluminación estará presente nas 13 parroquias que conforman o municipio, logo de anos sen poder desfrutar dela. Ademais, no exterior do Concello e do auditorio municipal de Teo colocarase o Recuncho de Nadal, un espazo onde estará a Caixa de Correos Real para que cada crianza poida entregar con tempo a súa carta aos Reis Magos.

Neste senso, haberá numerosas figuras iluminativas en varias prazas do concello, glorietas e tamén nas 13 igrexas parroquiais. A idea é que haxa puntos luminosos en todas as parroquias, se ben é certo que se concentra nas áreas comerciais para así animar tamén a xente ao consumo local.

Ademais, ao longo do mes de decembro haberá numerosas actividades no auditorio Constante Liste. Así, o sábado 2 de  novembro terá lugar o Show Máxico co Mago Cayetano Lledó, unha actividade para toda a familia previa inscrición na páxina web do Concello.

O domingo 10 será a quenda de Vía Morta, de Pallasos en Rebeldía e Culturactiva Producións, unha obra que pretende rescatar o tema das persoas refuxiadas e que contará con dous pases pola mañá. Ademais, a través da Concellaría de Cultura e de Educación, o alumnado de 1o de bacharelato poderá desfrutar tamén desta obra.

O venres 15 será a rapazada do IES de Cacheiras os que presenten A luz das candeas, unha obra para todos os públicos, previa reserva na web do Concello. Esta obra tamén a poderá gozar o alumnado dos tres centros de Educación Infantil e Primaria de Teo. E o domingo 17 terá lugar o “Cantateo: encontro de corais de Teo”, onde participarán as corais de Cruceiro do Monte, San Simón de Cacheiras, a Polifónica de Luou. Por último, o venres 22, Os fabulosos Cleaners, de Malasombra Producións  asombrará aos máis cativos co seu espectáculo de pompas de xabón, tamén con inscrición previa. Este mes de decembro tamén haberá unha nova edición dos “Obradoiros de animación á lectura”, da man de Fadatea e os seus amigos. Así, na biblioteca dos Tilos organizaranse o sábado 9 diversos obradoiros artísticos e contos para a rapazada de 6 a 10 anos, previa reserva en teo.gal.

A última semana do mes celebraranse dúas actividades que, por razóns meteorolóxicas, non puideron levarse a cabo no San Martiño. Así, o mércores 27 no pavillón de Calo haberá actividades varias da man de “A eira do paporrubio”, cun espectáculo de monicreques en directo. O venres 29 será a quenda da Gladiators Kids no parque dos Tilos, un evento deportivo familiar consistente nunha proba de obstáculos para nenos de 3 a 11 anos, acompañados dun adulto (para anotarse en www.gladiatorraceoficial.com) e totalmente de balde para os participantes.

Cabalgata de reis inclusiva

Xa no mes de xaneiro, as súas maxestades de Oriente volverán visitar Teo. Chegarán á estación de tren de Osebe o día 5 ás 15,08 horas e despois farán un percorrido polos locais das distintas asociacións (Calo, A Pontevella, Os Tilos e Rosalía de Castro) e, xa pola tardiña, farase a recepción oficial no Pavillón Ezequiel Mosquera da Ramallosa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Este ano, como novidade, farase unha recepción silenciosa no Auditorio Constante Liste ás 15,50 horas, en colaboración coas asociacións BolboreTEA e Aspamite para as persoas con diversidade e problemas co ruído. Desta forma, todos os nenos e nenas poderán desfrutar da presenza dos Reis Magos no concello de Teo.

Etiquetas

nadalteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais
Comarca

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo
Comarca

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto
Comarca

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto