O Monbus Obradoiro continúa moi vivo na Copa España
O Monbus Obradoiro chegaba ao partido correspondente á quinta xornada da Copa España dependendo de si mesmo para lograr o pase a cuartos. Servíalle gañar ou perder por menos de tres puntos. En cambio, ao CB Prat só lle valía a vitoria cunha diferenza de 9 ou máis puntos se querían continuar na competición.



