ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

O Festival Maré expande a súa programación aos centros socioculturais

O Festival Maré, de músicas e artes atlánticas, presenta Maré Expandido, un programa de actividades que ofrece obradoiros e actuacións en seis espazos municipais dende o xoves 25 ata o domingo 28 de setembro.

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de septiembre de 2025 a las 22:58

Compartir

Maré Expandido arranca este xoves 25 no Centro Xove da Almáciga cun obradoiro de percusión africana a cargo de Latexo Percusión. A actividade desenvolverase de 16.00 a 18.00 horas e inclúe un encontro con artistas do festival. A inscrición é de balde con prazas limitadas a través do correo info@centroxove.como ou o teléfono 666993860.

A continuación, o CSC Maruxa e Coralia acolle un concerto de Leiden ás 18.30 horas.

Xa o venres, o Centro da Gracia é o escenario dun obradoiro de danza afro con Trópico de Grelos. A actividade está aberta a todos os públicos de balde con prazas limitadas en inscricións no 675519922.

O mesmo día, ás 20.30 horas Trinka actúa no CSC Maruxa e Coralia.

O programa continúa o sábado ás 19.00 horas co concerto de Briela Ojeda no CSC Maruxa e Coralia.

O domingo 28 péchase a programación con dúas propostas. De 11.30 a 13.00 horas no CSC Romaño haberá un obradoiro de circo con Circonove dirixido a rapazada de entre 6 e 14 anos. A inscrición é de balde con prazas limitadas a través do 981543005.

Na tarde do domingo, ás 17.00 horas, dará comezo na Sala das Máquinas o espectáculo “A danza como memoria, resistencia e coidado” de Antón Reixa e Kirenia Martínez.

Deste xeito, Maré espállase pola cidade e entra nos barrios para compartir música, palabra e encontro coas comunidades que os fan vivir. Maré Expandido achega o festival a públicos diversos e reforza a idea de que a cultura é un dereito de todas e todos.

Maré defínese como un festival humanizado, que entende a cultura como un dereito fundamental. O seu cartel é unha declaración de principios que combina respecto pola tradición e aposta pola innovación, busca responder a retos sociais como a crise climática, a redistribución de recursos, a saúde mental ou a violencia machista. A celebración do festival é tamén unha forma de facer política cultural desde o común, xerando espazos de encontro.

Próximas charlas

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

No mes de outubro están previstas charlas informativas no centros Rosalía de Castro (os días 1 e 2), La Salle (8 e 9), Compañía de María (10), na residencia universitaria Cristo Rey (o 14), na residencia Santiago Apóstolo (15), Antón Fraguas (21, 27 e 28) e Cluny (22 e 23).

Etiquetas

culturafestival maremusicaocioSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago