ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

O equipo biberón do Milladoiro SD acada o campionato de liga

 

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de marzo de 2025 a las 20:19

Aarón Myr Silva // @rmistermyr

Compartir

O equipo máis cativo do Milladoiro SD, patrocinado pola librería Nenos Nais, vén de acadar o campionato de liga de fútbol sala da categoría Primeira Futgal FS

O equipo biberón do Milladoiro SD conseguiu catro vitorias e dous empates, con 14 goles a favor e 5 en contra

Ames, 20 de marzo de 2025.- O equipo máis cativo do Milladoiro SD, patrocinado pola librería Nenos Nais, vén de acadar o campionato de liga de fútbol sala da categoría Primeira Futgal FS, impoñéndose por un só un punto de diferencia á Escola Deportiva Xuventude Oroso.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, dá conta dun novo éxito dos deportistas amesáns. Neste caso do campionato de liga acadado recentemente polo equipo biberón do Milladoiro SD.

Aarón Myr Silva // @rmistermyr

O equipo dirixido por Fran Macho, que conta coa axuda de Álvaro Iglesias e David Cabrejo, empatou 2-2, o último partido da competición contra o segundo clasificado, a Escola Deportiva Xuventude Oroso, mantendo a distancia dun punto na clasificación, e conseguindo deste xeito o título de liga para os rapaces amesáns.

O equipo biberón do Milladoiro SD conseguiu catro vitorias e dous empates, con 14 goles a favor e 5 en contra. Dito equipo está composto por 12 rapaces, que dispoñen de ficha, e outros dous que aínda non teñen a idade necesaria para xogar, pero que xa adestran cos compañeiros da categoría biberón.

O adestrador, Fran Macho, explica que “o fundamental é que os rapaces nestas idades de 3 a 6 anos se divirtan, que vaian aprendendo pouco a pouco, e que aprendan a tomar decisións eles mesmos no campo”. Ademais, dende o club amesán destacan a calidade destes rapaces, que incluso xa xogaron partidos en equipos da categoría superior en fútbol campo.

Agora, van a disputar a Copa da Primeira Futgal FS. Nesta competición o Milladoiro SD vai a xogar fronte ao Alto do Vento FS, Atlético Fátima, Bertamiráns CF, SR Calo, Sociedade Deportiva Urdilde e Villestro SD.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

biberondeportesligamilladoiro sd
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete
Deportes

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española
Deportes

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española

El llamamiento del CB Ames: “Esperamos que más patrocinadores entiendan que Ames quiere baloncesto”
Actualidad

El llamamiento del CB Ames: “Esperamos que más patrocinadores entiendan que Ames quiere baloncesto”