ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

O Entroido dos Xenerais da Ulla cumpre dez anos como Festa de Interese Turístico de Galicia

 

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de enero de 2024 a las 18:34

Compartir

 

 

19/01/2024 A Cidade da Cultura acolleu o acto de presentación do programa da Festa deste ano, que terá lugar do 20 de xaneiro ao 18 de febreiro.

Os oito concellos da comarca natural da Ulla presentaron o programa do Entroido dos Xenerais da Ulla, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, que neste ano celebrarase do 20 de xaneiro ao 18 de febreiro con múltiples atranques organizados polas agrupacións veciñais dos case 30 lugares e parroquias nos que anualmente ten lugar esta tradición.

A presentación do programa tivo lugar na Cidade da Cultura, nun acto no que participaron representantes dos oito concellos que dende o ano 2011 veñen traballando de maneira conxunta: Boqueixón, A Estrada, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

No acto interviron a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la UZ, e os representantes da Comisión do Entroido de Lestedo, José Manuel Iglesias, e o representante da Asociación Cultural Xenerais da Ulla de Santiago de Compostela, Jesús Cebeiro, que falaron en nome das múltiples agrupacións e entidades veciñais que manteñen viva esta festa propia e singular da comarca da Ulla.

Tamén estiveron presentes, en representación dos outros oito concellos do grupo, o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, o concelleiro de cultura de A Estrada, Juan Constenla, a alcaldesa de Silleda, Mónica González, o alcalde de Touro, Roberto Castro, o alcalde de Vedra, Carlos Martínez, e o alcalde de Vila de Cruces, Luis Celso Taboada.

Ademais, asistiron ao evento a directora de promoción da Axencia de Turismo de Galicia, Carmen Pita, a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, a deputada de Cultura da Deputación de A Coruña, Natividade González, e a deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Ruth González.

O Entroido dos Xenerais da Ulla remonta as súas orixes á primeira metade do século XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese período: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas. Os oito concellos nos que se celebra o Entroido conseguiron que no 2014 tivera lugar a primeira edición do Entroido xa como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun «exército» de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun «exército» de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón.
Toda a información e o programa do Entroido dos Xenerais da Ulla pode consultarse en xeneraisdaulla.gal e nas distintas contas que o grupo dos oito Concellos está impulsando nas principais redes sociais para promocionar o evento: Facebook, Twitter e Instagram.

Etiquetas

entroidoxenerais ulla
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Máis de 200 persoas participan no Desfile de Entroido do Pino, seguido por numeroso público
Comarca

Máis de 200 persoas participan no Desfile de Entroido do Pino, seguido por numeroso público

Rúas ateigadas para celebrar o gran día do Entroido en Compostela
Destacado

Rúas ateigadas para celebrar o gran día do Entroido en Compostela

Chega a Santiago o desfile do martes de Entroido con 16.000 euros en premios
Destacado

Chega a Santiago o desfile do martes de Entroido con 16.000 euros en premios

Lendo a Rosalía e Civilizacións, gañadores do concurso infantil de disfraces de Ames
Comarca

Lendo a Rosalía e Civilizacións, gañadores do concurso infantil de disfraces de Ames