O Concello destina 20.000 € para dinamizar o comercio local en decembro cos ‘Bonos Padrón’
• Distribuiranse 2.000 bonos de 10 euros cada un para compras superiores a 20€ nos establecementos que se sumen á campaña
• Os Bonos Padrón entregaranse fisicamente a partir do 1 de decembro, dándolle preferencia ás persoas empadroadas
• Anxo Arca e Chus Campos presentaron esta iniciativa destinada a fomentar o emprego e dinamizar o comercio padronés
• Toda a información da campaña está dispoñible na web bonospadron.gal