ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Concello de Frades reduce a cero a súa débeda bancaria

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de octubre de 2025 a las 18:46

Compartir
  • O Pleno aproba por unanimidade investir 107.000€ no aglomerado do acceso á Igrexa de Aiazo e dende o cruce de O Prado (Papucín) á AC-524

28 de outubro de 2025.- O Concello de Frades celebrou onte luns unha sesión plenaria extraordinaria na que aprobou un suplemento de crédito de 63.000 euros para amortizar a débeda bancaria que tiña o municipio debido á execución das obras de construción do centro sociocomunitario de Ponte Carreira. “Con esta amortización, o Concello de Frades queda con débeda bancaria cero e tampouco ten débeda ningunha con provedores”, explica o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel Ferreiro Marzoa.

Este suplemento de crédito executarase con cargo ao Remanente de Tesourería para Gastos Xerais que, tal e como informou o alcalde Roberto Rey no primeiro punto da sesión, ascende a 241.910,66 euros. Un dato procedente da Liquidación do Exercicio 2024, do que se deu conta ao inicio do Pleno e que recolle que o Concello de Frades cumpre cos criterios de estabilidade orzamentaria.

POS+Adicional 4/2025

Finalmente, o pleno aprobou por unanimidade a participación do Concello de Frades no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+ Adicional 4/2025, punto que motivou esta convocatoria extraordinaria. Roberto Rey explicou que a Frades correspóndenlle 177.240,15 euros, dos que algo máis de 107.000 euros serán destinados a dous proxectos de obras: o aglomerado da pista de acceso á igrexa de Aiazo e o aglomerado da pista entre o cruce de O Prado (Papucín) e estrada AC-524. Os restantes 70.000 euros destinaranse a gasto corrente: “mantemento de accesos a núcleos de poboación, limpeza de cunetas e bacheo”, especificou Roberto Rey.

Etiquetas

debeda bancariafrades
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Gala de Ximnasia Rítmica de Frades reúne a 155 nenas de distintos puntos de Galicia
Deportes

A Gala de Ximnasia Rítmica de Frades reúne a 155 nenas de distintos puntos de Galicia

Frades celebra a nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo tras 15 anos de espera
Comarca

Frades celebra a nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo tras 15 anos de espera

A XII Festa da Filloa de Abellá repartiu máis de 400 menús de filloas, caldo, rixóns e lacón
Comarca

A XII Festa da Filloa de Abellá repartiu máis de 400 menús de filloas, caldo, rixóns e lacón

A parroquia de Abellá, en Frades, celebra este sábado a XII Festa da Filloa
Comarca

A parroquia de Abellá, en Frades, celebra este sábado a XII Festa da Filloa