ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaComercioDestacadoEconomíaPolítica

O comercio e a hostalaría de Arzúa brillan nun Día do Comercio Local marcado pola alta participación

Arzúa, 9 de decembro de 2025. Arzúa pechou con éxito unha nova edición do Día do Comercio Local, que entre o 6 e o 8 de decembro reuniu un número histórico de participantes: 35 establecementos adheridos, a cifra máis alta dende que se celebra esta iniciativa. A pesar das condicións meteorolóxicas adversas das primeiras xornadas, a vila viviu un intenso ambiente festivo que encheu as rúas, os comercios e os locais hostaleiros.

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de diciembre de 2025 a las 19:59

Compartir

As insistetes choivas dos días 6 e 7 obrigaron a aprazar o servizo do Tren Turístico, previsto como un dos principais atractivos. Finalmente, o tren puido operar con normalidade o día 8, ofrecendo viaxes continuas desde a Praza de Galiza e rexistrando unha gran acollida entre veciños e visitantes.

A coincidencia co día de feira matinal contribuíu a incrementar a afluencia, creando unha dinamización constante no casco urbano. A música tamén estivo moi presente: pola mañá, a Charanga BB+ percorreu o mercado e as rúas do centro, e xa pola tarde-noite a Rondalla Moraima e as Pandeireteiras de Montefurado animaron os locais hostaleiros participantes.

Durante a tarde do día grande, a Praza de Galiza converteuse nun punto de encontro familiar grazas aos inchables, obradoiros e actividades infantís, que atraeron a numerosos nenos e nenas.

O momento máis agardado chegou ás 20:30 horas coa celebración do sorteo do iPhone 16 entre todas as persoas que realizaron compras ou consumicións superiores a 5 euros nos establecementos adheridos. A premiada desta edición foi a veciña Esther Gómez Sueiro, tras efectuar a súa compra na Perfumería Chorima.

A concelleira de Promoción Económica, Begoña Balado, valorou moi positivamente esta edición e quixo destacar “a enorme implicación do comercio e da hostalaría de Arzúa, que cada ano demostrades unha vontade firme de seguir medrando e ofrecendo o mellor á veciñanza”. Engadiu que “esta resposta colectiva é a que nos permite impulsar iniciativas como esta e reforzar o papel do comercio de proximidade como motor económico do noso concello”.

Balado avanzou tamén que o Concello xa está a traballar en novas campañas de dinamización comercial para o Nadal e en accións que se desenvolverán ao longo de todo o ano 2026, co obxectivo de seguir apoiando o tecido empresarial local e fomentar o consumo responsable e próximo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Co respaldo da cidadanía e a evolución crecente da participación, o Día do Comercio Local reafírmase como unha das citas máis destacadas do calendario económico e social de Arzúa.

Etiquetas

arzuacomercioDia do comercio localnadal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición