ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacadoNoticia LíderPolítica

O Pino non aplicará a suba da taxa do lixo: “Se me sancionan, asumirei a responsabilidade»

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de noviembre de 2025 a las 15:54

Compartir
  • Manuel Taboada anuncia que non aplicará, polo de agora, a nova tarifa imposta pola lei estatal: “Non lle podo pasar un recibo de 800 euros a un veciño polo que antes pagaba 100”

Redacción, 4 de novembro de 2025.- O alcalde do Pino, Manuel Taboada, fixo un repaso á actualidade do seu concello nunha ampla entrevista radiofónica onde abordou temas centrais para o presente e futuro do municipio. Desde a vivenda ata os servizos sociais, pasando polas melloras no Camiño de Santiago e a humanización do núcleo urbano, Taboada foi claro, directo e crítico coa situación que atravesan os concellos rurais como o seu, especialmente pola falta de financiamento e o impacto de leis estatais como a nova normativa sobre a taxa de lixo.

“A suba do lixo é inasumible, tiramos do freo de man”

O tema máis candente da conversa foi a nova regulación estatal que obriga a que a taxa de lixo cubra ao 100% os custos reais do servizo, incluído o tratamento e recollida. O estudo económico encargado polo Concello do Pino revelou cifras que Taboada considera escandalosas.

“As vivendas pasarían de pagar 52 a máis de 100 euros, pero o peor é para a hostalería e empresas: bares, hoteis ou supermercados pasarían de pagar 125 euros a 800 ou máis. Paréceme unha barbaridade”, afirmou.

Fronte a isto, o goberno local decidiu paralizar a aprobación da nova taxa e deixar a proposta “sobre a mesa”, á espera dunha posible comunicación oficial por parte do Ministerio.

“Ata que non reciba unha notificación oficial dicindo que estamos a incumprir, non se vai aplicar esta taxa. E se me sancionan, teréi que asumir esa responsabilidade, pero non lla vou cargar aos veciños”, proclamou Taboada. “Alguén terá que poñer sentidiño nisto. Non pode ser que un veciño do Pino pague 800 euros e outro de Toro 120. A basura non debería custar máis por ser rural”.

Ademais, o rexedor denuncia que outros concellos si aplicaron subas mínimas “de 10 ou 20 euros”, o que tampouco cumpre co establecido na lei, pero que pasaron desapercibidos.

“Todos estamos incumprindo, pero uns máis que outros. E o Pino non vai ser o primeiro en pasarlles esta factura aos veciños sen que haxa antes unha solución global”, engadiu.

Vivenda pública: unha aposta polo futuro

Co obxectivo de facilitar o acceso á vivenda, especialmente para a xente nova, o Concello do Pino cedeu recentemente unha parcela ao Instituto Galego da Vivenda e Solo para a construción de vivendas públicas.

“Serán quince vivendas. Non é moito, pero é algo. Agora mesmo, acceder á primeira vivenda é practicamente imposible para un mozo. Hai hipotecas de 40 e ata 50 anos. Isto é unha maneira de dar unha oportunidade real”, afirmou o alcalde.

Tamén hai movemento na promoción privada, con novas vivendas unifamiliares e pisos en construción, aínda que os prezos, recoñece, están cada vez máis fóra do alcance da maioría.

“Cada Xunta de Goberno tramitamos dúas ou tres licenzas novas. Hai demanda, pero o prezo da vivenda privada é moi difícil de asumir. Por iso temos que apoiar a vivenda pública”, explicou.

“Non podemos deixar aos nosos maiores”

Outro punto central da xestión municipal é o Servizo de Axuda no Fogar, que segundo o alcalde é “o servizo máis caro que presta o Concello, xunto coa recollida do lixo”, pero tamén o máis necesario.

“A dispersión poboacional en Galicia fai que sen este servizo moita xente maior quedaría abandonada. Non temos competencia directa, pero non podemos mirar para outro lado. A administración máis próxima é a local, e somos os que damos a cara”, sentenciou.

O custe real está moi por enriba das aportacións da Xunta, o que obriga ao Concello a asumir ata o 40% do gasto. “Falamos de máis de 250.000 euros ao ano”, detallou.

Tamén alertou sobre a falta de persoal cualificado para cubrir estes servizos, así como das licitacións que quedan desertas porque as empresas non ven rendibilidade.

Obras, crecemento ordenado e futuro

Taboada anunciou tamén o inicio das obras de humanización nas rúas Forcarei e Os Mollaus, en Pedrouzo, financiadas polo Plan URBE da Xunta. Incluirán soterramento de tendidos, carril bici e zonas peonís.

Sobre o crecemento do Pino, foi claro: “Queremos medrar, si, pero con orde. Sen esquecer quen somos, de onde vimos, e sen caer en erros urbanísticos que despois se pagan caros”.

“Non queremos perder a esencia rural. A xente ten que poder facer unha casa ao lado dos pais, vivir nas aldeas. Para iso queremos regularizar os núcleos rurais en 2026”, avanzou.

Con vistas ao novo ciclo electoral, Taboada quere rematar todos os compromisos do programa actual. “Hai cousas que levarán máis tempo, pero queremos cumprir o máximo posible. Con realismo, pero tamén con ambición”, asegurou.

O Camiño, motor económico e identidade do Pino

Outro dos temas centrais da entrevista foi o peso do Camiño de Santiago na economía local. O Pino é a última etapa antes de chegar ao Monte do Gozo, e Taboada non dubida en cualificalo como “o motor económico fundamental” do concello.

“Sen o Camiño, o Pino sería outro. Temos máis de 2.200 prazas de aloxamento, entre hoteis, albergues, pensións e vivendas turísticas. Para a nosa poboación, iso sería impensable sen o paso diario de milleiros de peregrinos”, explicou.

Recentemente, acometeuse a mellora de sendas e espazos próximos ao trazado oficial para facilitar a mobilidade e seguridade dos veciños, e tamén dos visitantes que queiran coñecer a contorna.

“Queremos que o Camiño siga sendo un valor, pero tamén un espazo para o uso dos nosos veciños. Mellorar os sendeiros, poñer mobiliario e luminarias é parte dese compromiso”, concluiu.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

alcalde do pinomanuel taboadao pinopolticataxa turisticavivenda publica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

Guinarte denuncia que o BNG “perverte” a taxa turística para financiar gastos que xa existían
Actualidad

Guinarte denuncia que o BNG “perverte” a taxa turística para financiar gastos que xa existían