O alcalde do Pino denuncia vertedoiros incontrolados nas cunetas
O alcalde do Pino, Manuel Taboada, denunciou recentemente actos de incivismo por parte de algunhas persoas que optaron por verter escombros nas cunetas das pistas do municipio, en lugar de empregaren os servizos dispoñibles para a xestión deste tipo de residuos. O 8 de outubro apareceron en dous puntos diferentes colchóns, somieres, un televisor e ata un ordenador, segundo informou o rexedor.
