ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Nueva Línea, 9Louro e as principais orquestras conforman a programación da Pascua de Padrón

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de marzo de 2026 a las 20:00

Compartir
  • O alcalde e a concelleira de Festexos presentan o cartel dunhas festas que abren a temporada das grandes celebracións galegas
  • París de Noia, Panorama, La Fórmula e Olympus lideran o cartel de actuacións, xunto coas orquestras locais Unión y Fuerza e Charleston
  • Os concertos do muradán 9Louro, Nueva Línea, Assia e DJ Matrek Show son os pratos fortes da programación musical
  • A Feira Cabalar, o Festival de Bandas e as actuacións dos grupos folclóricos locais completan un programa para todos os públicos

Padrón.12-3-2026.- Un nome propio feminino destaca este ano na Pascua de Padrón, que se celebra do 27 de marzo ao 12 de abril. Ángela Ríos Martínez, avogada de Extramundi de 24 anos, é a primeira muller que deseña o cartel anunciador dunha das festas máis senlleiras de Galicia e que contarán cun amplo e intenso programa de actos pensado para todos os públicos.

Os cabaliños de Padrón, o tradicional carrusel que forma parte dos recordos da infancia de toda a comarca, son este ano protagonistas do cartel das Festas de Pascua. Ángela Ríos asegura que esta imaxe “é unha forma de volver á memoria colectiva e tamén á miña propia infancia, véndome reflectida eu mesma no cadro”, asegura. Con esta obra, na que traballou durante quince días, Ángela Ríos quere, tamén, “renderlle unha homenaxe á familia Hernaiz”.

A elección desta moza de Extramundi, graduada en Dereito e que cursou un máster en Sevilla para dedicarse profesionalmente á pintura, non é casual. Coa súa escolla, o goberno que preside Anxo Arca reafirma a súa aposta polo talento local e por darlle unha oportunidade ás figuras emerxentes da comarca.

Anxo Arca, acompañado pola concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, presentaron o cartel das festas e un amplo programa que inclúe actuacións para todos os públicos. O concerto de 9Louro será un dos atractivos da programación. Este mozo muradán de 22 anos é un dos referentes da música urbana galega e actuará o na praza de Macías o domingo de Pascua (22.00 horas), nunha velada que rematará co espectáculo de DJ Matrek Show no paseo do Espolón, á unha da madrugada.

Nueva Línea, a orquestra canaria que xa escoitaron 40 millóns de persoas nas redes sociais, estará en Padrón o venres de Pascuilla (22.30) e o grupo Assia, o domingo de Pascuilla (23.00 horas).

Como vén sendo tradición, as festas da Pascua xuntarán en Padrón as principais orquestras galegas (Panorama, París de Noia, Olympus, Los Satélites ou La Fórmula) e tamén as agrupacións locais (Unión y Fuerza, Charleston, Dúo Máster e Grupo Atenas).

A música tradicional, coas actuacións dos grupos folclóricos locais, e a das bandas teñen cabida nun cartel que non se esquece da xuventude, coas actuacións dos DJ que programa Open Air.

A Feira Cabalar do domingo de Pascua e a de maquinaria agrícola serán outros dos atractivos para visitar Padrón esta Semana Santa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As festas rematarán o domingo de Pascuilla coa tradicional xuntanza da Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón, co Festival de Bandas Capital do Sar e cunha cita deportiva de primeiro nivel, a Clásica de Pascua, que este ano acada categoría internacional. A proba ciclista trasládase ao Campus Tecnolóxico Cortizo, onde estará situada a saída e a liña de meta, dende o que máis de 150 corredores dos principais equipos farán un percorrido similar ao da Vuelta a España.

Etiquetas

festa da pascuapadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’