Muíños propón a creación da ‘Praza da Radio’ en Compostela
No Día Mundial da Radio, o Grupo Municipal Socialista de Santiago instou ao goberno local a reactivar a proposta socialista de dar o nome de «Praza da Radio» a algún espazo da cidade. Esta iniciativa busca recoñecer a importancia deste medio de comunicación, que en Galicia comezou a soar desde Santiago en 1933 coa emisora EAJ-4 Unión Radio.
Líder Redacción
13 de febrero de 2025 a las 12:31
O portavoz socialista, Gonzalo Muíños, destacou a relevancia da radio como medio de información, entretemento e compañía para a cidadanía. «Hoxe é un día estupendo para recoñecer o traballo das e dos profesionais que nos informan, entreteñen e acompañan a través da radio», afirmou.

Muíños subliña que Compostela foi a cidade onde se emitiu por primeira vez a radio en Galicia, e considera que a creación da Praza da Radio sería unha forma de homenaxear a traxectoria deste medio fundamental para a sociedade. Agardan que o goberno local atenda esta proposta e lle dea o impulso necesario para facela realidade.



