Maneiro presenta “Anxos no Inferno”: un single que transforma a dor en agradecemento
O artista galego Maneiro lanza o seu novo traballo, “Anxos no Inferno”, un potente single que pecha o ciclo iniciado co álbum “Un bonito despertar”. Producido por Fran Gude e coas colaboracións de músicos como Rubén Cores, Manu Rey, Pachi Cruz, Iria Iglesias, Fernando Calvo e Sonia Lebedynski, a canción mestura a contundencia do rock coa melodía do pop, consolidando á banda como un referente no panorama musical galego.
Líder Redacción
21 de diciembre de 2024 a las 15:42
A composición, creada polo propio Maneiro, está inspirada na súa experiencia persoal despois dunha grave enfermidade. “Esta é unha canción de agradecer, de dar as grazas a quen me salvou”, confesa o artista, recoñecendo o papel de «anxos» que xogaron o persoal da UCI e a súa familia. As súas letras, cargadas de emotividade, convidan a reflexionar sobre o valor da vida e a importancia de ser luz nos momentos máis escuros.
“Anxos no Inferno” xa está dispoñible en YouTube e chegará proximamente a todas as plataformas dixitais.