ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSociedad

Máis dun centenar de rapaces de Ames participaron nos cursos de natación este verán

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organizou para os meses de xullo e agosto varios cursos de natación que se están a desenvolver nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de agosto de 2024 a las 14:32

Compartir

Este ano inscribíronse un total de 111 nenos e nenas

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, visitou onte as piscinas descubertas e Bertamiráns e Milladoiro para comprobar de primeira man como se están a desenvolver estes cursos

Ames, 29 de agosto de 2024.– O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organizou para os meses de xullo e agosto varios cursos de natación que se están a desenvolver nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Este ano inscribíronse un total de 111 nenos e nenas. Esta iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

111 rapaces e rapazas están participando nos cursos de natación organizados durante os meses de xullo e agosto. Durante o mes de xullo un total de 57 rapaces e rapazas (34 no Milladoiro e 23 en Bertamiráns) participaron nos curso de natación que se impartiron nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro, mentres que durante o mes de agosto están a participar 54 usuarios/as (28 no Milladoiro e 26 en Bertamiráns).

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, acompañada por Alberto Viaño, técnico de Deportes, visitou onte as piscinas descubertas e Bertamiráns e Milladoiro para ver de primeira man como se están a desenvolver estes cursos. Alí puido comprobar que, ademais de gozar da auga, os rapaces e rapazas aprenden a nadar ou perfeccionar o seu estilo. Durante a visita a concelleira apuntou que “o programa está dedicado a ocupar o tempo de lecer dos nenos e nenas durante as vacacións do verán. Deste xeito, tamén aprenden a practicar un deporte novo”. Así mesmo, sinalou que “estes cursos achegan  aos rapaces e rapazas a posibilidade de aprender a nadar e familiarizarse coa auga, ao tempo que pasan un bo rato con outros nenos e nenas”. Os cursos están organizados pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.

Piscinas descubertas municipais

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por outra banda, cómpre lembrar que as piscinas descubertas municipais están abertas ao público xeral desde mediados do mes de xuño. O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns é de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura é de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 horas. Durante estes horarios hai servizo de vixilancia e socorrismo. Estas instalacións estarán abertas ata o vindeiro 15 de setembro.

Etiquetas

amescursonatacionradio lider santiagoveran
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Vila de Cruces convoca cursos de natación para o verán na súa piscina municipal
Comarca

Vila de Cruces convoca cursos de natación para o verán na súa piscina municipal

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán