Máis de 200 persoas celebran os dez anos da sección feminina do Victoria FC
Líder Redacción
18 de septiembre de 2025 a las 22:21
- Durante a gala presentáronse a nova camiseta, a plantilla e o logo do club, e desveláronse os principais proxectos e iniciativas do ano conmemorativo
Santiago. 18-9-2025. A Sala A Sala Mozart do Auditorio de Galicia encheuse este mércores con máis de 200 persoas para conmemorar os 10 anos da sección feminina do Victoria FC, un acto que combinou emoción, música e fútbol e foi recibido con gran entusiasmo polo público.
O evento, baixo o lema 10 anos de Victoria FC. Paixón, Igualdade e Fútbol, contou coa presenza de destacadas autoridades: a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta, María Quintiana, acompañadas de Silvia Cancela, delegada da Federación Galega de Fútbol en Santiago, e Manuel Ferreiro, responsable da Federación Española de Fútbol en Galicia. A Universidade de Santiago de Compostela estivo representada por Javier Rico e Tino Arce, mentres que Fernando Riopa, director xeral de Cobre San Rafael, patrocinador principal da sección feminina, tamén asistiu ao acto.
https://admin.vive.gal/o-victoria-feminino-compite-na-mesma-categoria-ca-o-compos-precisamos-tamen-o-apoio-da-cidade/
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia amosaron un firme compromiso coa sección feminina do Victoria FC, asegurando apoio e colaboración para impulsar o fútbol feminino, promover a igualdade e fomentar a formación integral das xogadoras.
Durante a gala, presentada por Irene Lourido, presentáronse oficialmente a plantilla que compite en 3ª RFEF, a nova camiseta e o logo conmemorativo que acompañará todas as accións do club ao longo do ano de aniversario. As actuacións musicais de Os d’Abaixo e de Noa Vigo, exxogadora do club, foron especialmente aplaudidas polo público, contribuíndo ao éxito do evento.
O Victoria FC anunciou tamén as actividades conmemorativas previstas durante o ano, entre as que destacan un partido amigable; o proxecto 10 anos, 10 referentes que achegará a xogadoras e afeccionados a deportistas, xornalistas e investigadores de diversos ámbitos para debater sobre fútbol feminino e liderado no deporte; unha mesa redonda sobre fútbol feminino; exposicións e iniciativas sociais en centros educativos e comunitarios; así como novas sorpresas que se irán desvelando nos vindeiros meses.



