Investigado por conducción temeraria tras dar 0,70 mg/l de alcohol no accidente de O Pino
Un vehículo estrelouse na madrugada do sábado ao domingo pasado contra a terraza do Restaurante Regueiro, en Pedrouzo (O Pino), impactando tamén contra un contedor antes de saír da vía uns 300 metros despois, en San Antón. O condutor, un home duns 50 anos, deuse á fuga tras o accidente, pero foi identificado pouco despois.