Impulso da Xunta á autovía Santiago – A Estrada coa licitación do segundo treito
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, participou esta mañá nun acto institucional presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre a licitación do segundo tramo da execución da autovía AG-59, unha infraestrutura clave para a vertebración territorial de Galicia e a mellora da mobilidade entre Santiago de Compostela, Teo e A Estrada.