ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

Homenaxe a Rosalía en Padrón con música, gastronomía e títeres durante o mes de febreiro

 

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de febrero de 2024 a las 18:00

Compartir

 

 

  • O 23 de febreiro desenvolverase o acto institucional cunha ofrenda floral ante a estatua da escritora no Espolón
  • Bares e restaurantes ofrecerán o Caldo de Gloria e acollerán pequenas representacións a cargo dos Quinquilláns
  • O concerto de Faia pechará os actos na Casa de Rosalía
  • O convento do Carme acollerá entre o 8 e o 25 de febreiro a exposición ‘Herbario de Rosalía’
  • O xoves 22 presentarase a obra ‘Kompostela’ coa que Fran Fernández Davila gañou o noveno certame poético Rosalía de Castro
  • A Gala Rosalía Foliadeira e un concerto da Banda de Música poñeranelle a guinda a programación os días 24 e 25

Padrón. 6-2-2024.- O Día de Rosalía, que se celebra o 23 de febreiro coincidindo coa data do seu nacemento, encherá un ano máis Padrón de actos culturais ao longo de todo o mes de febreiro para homenaxear a autora galega máis universal. A programación padronesa foi presentada este luns na Casa de Rosalía coa asistencia do alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Educación e Servizos Sociais, Mariló Saco, xunto ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Casa de Rosalía, Anxo Angueira.

O acto central do Mes de Rosalía en Padrón será, unha vez máis, a ofrenda floral que se desenvolverá o propio 23 de febreiro diante da estatua de Rosalía de Castro no Paseo do Espolón. Este acto institucional, que se levará a cabo a partir das dez da mañá e no que participa alumnado dos institutos Camilo José Cela e Macías o Namorado, inclúe unha alborada co grupo de gaitas Carapaus e a intervención de diversas autoridades.

Xa ao mediodía, a celebración continuará cun pasarrúas no que, ademais dos Carapaus, contaremos cos cabezudos e a xigante Rosalía, cedida polo Concello de Rianxo. Tamén se sumarán á festa unha vez máis restaurantes e bares de Padrón, que ofrecerán á súa clientela a posibilidade de degustar un Caldo de Gloria inspirado no que Rosalía louba no seu poema ‘Miña casiña  meu lar’. Nestes establecementos haberá tamén pequenas representacións do grupo de teatro Os Quinquilláns a partir das 20.00 horas.

O Caldo de Gloria será así mesmo o gran protagonista do acto que se desenvolverá na Casa de Rosalía ás 19.00 horas e que será elaborado por Suso, do Dezaseis, e a cantante Uxía. Un concerto de Faia, programado para as 20.00 horas, poñeralle a guinda o día.

A programación do Mes de Rosalía, realizada en colaboración coa Casa de Rosalía, iniciarase xa este xoves 8 de febreiro coa inauguración da exposición Herbario de Rosalía. Trátase dunha recompilación de imaxes de ata un total de corenta plantas e flores mencionados pola autora en diversas pasaxes da súa obra e que poderá verse de xeito gratuíto no claustro do convento do Carme ata o domingo 25 de febreiro no seguinte horario: de martes a venres, de 17.00 a 19.00 horas e sábados e domingos, de 11.00 a 13.00 horas.

O mércores 21 de febreiro, a rapazada de primeiro, segundo e terceiro de primaria dos colexios Flavia e Rosalía de Castro erá o que teña a oportunidade de achegarse á figura da escritora a través do espectáculo de títeres ‘A viaxe de Rosalía, que Larraitz Urruzola poñerá en escena no Auditorio Municipal.

Ao día seguinte, xoves 22, terá lugar a presentación do libro ‘Konpostela’, o poemario co que o escritor e enxeñeiro Francisco Javier Fernández Davila se erixiu en gañador da novena edición do certame poético Rosalía de Castro, convocado polo Concello de Padrón. Como remate da presentación, que se desenvolverá no Auditorio, proxectarase a curta ‘A rosa incandescente’, proxecto que se aproxima a Rosalía dun xeito cercano e directo e que nos conta, coa voz da autora, algúns aspectos fundamentais da súa obra.

Os actos que teñen como protagonista a Rosalía rematarán na fin de semana do 24 e 25 de febreiro. O sábado 24, baixo a organización da Asociación Cultural Rosalía de Castro, poderemos asistir a unha nova edición da Gala Rosalía Foliadeira. A cita terá lugar no Auditorio a partir das 19.30 horas. Xa o domingo 25, tamén no Auditorio, un concerto da Banda de Música Municipal pechará a programación do Mes de Rosalía en Padrón.

Promoción do libro en galego

Para celebrar o Día de Rosalía e promocionar a lectura en galego, a Xunta repartirá vinte  mil exemplares de ‘Celebramos Rosalía’, unha antoloxía de textos rosalianos realizados por Anxo Angueira coa que se obsequiará a todas as persoas que entre o 6 de febreiro e o 3 de marzo compre un libro en galego.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

padronrosalia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’