ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

GST Telecomunicaciones, premio Distinción Empresarial 2024

O pasado xoves, 28 de novembro, a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro celebrou unha nova edición dos Premios á Distinción Empresarial, un evento que busca poñer en valor o traballo e compromiso das empresas da nosa contorna

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de diciembre de 2024 a las 20:57

Compartir

Este ano, a empresa homenaxeada foi GST Telecomunicaciones, un referente no sector das telecomunicacións grazas ao seu servizo de instalacións e mantemento de sistemas avanzados e equipos tecnolóxicos de calidade

En dito acto participaron o presidente da presidente da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, Javier Santos, o alcalde de Ames, Blas García, e representantes das empresas asociadas

Ames, 3 de decembro de 2024.- O pasado xoves, 28 de novembro, a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro celebrou unha nova edición dos Premios á Distinción Empresarial, un evento que busca poñer en valor o traballo e compromiso das empresas da nosa contorna. Este ano, a empresa homenaxeada foi GST Telecomunicaciones, un referente no sector das telecomunicacións grazas ao seu servizo de instalacións e mantemento de sistemas avanzados e equipos tecnolóxicos de calidade. En dito acto participaron o presidente da presidente da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, Javier Santos, o alcalde de Ames, Blas García, e representantes das empresas asociadas.

Os Premios á Distinción Empresarial non só celebran o éxito empresarial, senón que destacan aquelas compañías que contribúen ao desenvolvemento sostible, á mellora das condicións laborais e á innovación nos seus respectivos sectores. Este recoñecemento xa forma parte da tradición empresarial da asociación, coa intención de inspirar o tecido empresarial local e apostar polas boas prácticas e o valor engadido.

Este ano, a empresa homenaxeada foi GST Telecomunicaciones, un referente no sector das telecomunicacións grazas ao seu servizo de instalacións e mantemento de sistemas avanzados e equipos tecnolóxicos de calidade. En dito acto participaron o presidente da presidente da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, Javier Santos, o alcalde de Ames, Blas García, e representantes das empresas asociadas.

Ademais, por parte do Goberno municipal asistiron o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, e o concelleiro de Urbanismo, Administración Xeral e Mobilidade, Víctor Fernández.

Empresas homenaxeadas nas edicións anteriores

En edicións previas, empresas como CENOR (2023), Limpezas Salgado (2022), Seragro

(2021), Santiago Sur Galicia (2020) e Segundo Rey (2019) foron recoñecidas polo seu

compromiso en aspectos clave como:

  • A sostibilidade ambiental.
  • O bo trato e as condicións ofrecidas ao seu persoal.
  • O apoio ás pequenas empresas e profesionais da área.
  • A excelencia no trato co cliente final.

Deste modo, estas compañías non só destacaron como punteiras nos seus respectivos sectores, senón tamén pola súa contribución á comunidade empresarial, servindo de modelo para o conxunto do tecido produtivo galego.

Un evento para celebrar coa comunidade empresarial

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Asociación de Empresarios Novo Milladoiro convidou a todas as empresas asociadas a participar nesta celebración. Este evento non só é unha ocasión para recoñecer os logros, senón tamén para establecer e reforzar redes de contacto empresarial.

Etiquetas

amesempresagstpremio
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.