A pasada fin de semana do 14 de xuño, as pistas de atletismo de Balaídos, na cidade de Vigo, acolleron os campionatos galegos de atletismo ao aire libre de sub10 e sub12. Nesta proba, o Millaraio acudiu con varios atletas representantes: 11 na sub12 feminina e 7 en sub10 masculina.
XII Campionato Xunta de Galicia Sub12 AL
Pola mañá foi a quenda do equipo feminino sub12, unha expedición formada por 11 atletas: Lía, que competiu en altura; Olaia, participando nos 2000m marcha; Erin, competindo en pelota; Celia, correndo nos 1000m; Vera, competindo nos 500m; Emma V., que correu nos 60m; Marta, competindo en lonxitude; Sara, que acadou a medalla de prata en peso; e Sabela, Emma R. e Xiana, que xunto con Celia competiron no 4x60m.
XII Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub10
Xa na xornada de tarde, foi a quenda para o equipo masculino sub10 que rematou na segunda posición na clasificación xeral da competición, empatado a puntos co equipo que acadou o primeiro posto.