Galicia en alerta por temporal: aviso laranxa na costa e amarelo en provincias interiores
A xornada de mañá domingo estará marcada polo impacto dunha borrasca que provocará condicións meteorolóxicas adversas en toda Galicia. A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou o aviso laranxa nas costas da Coruña e Pontevedra, onde se esperan ondas de entre 6 e 7 metros, acompañadas de ventos do suroeste de forza 8.