Frades organiza a cabalgata dos Reis Magos en Ponte Carreira cunha Festa no polideportivo
3 de xaneiro de 2024.- Os Reis Magos chegarán a Frades este venres 5 de xaneiro, onde a partir das 16:00 horas participarán nunha cabalgata polas rúas de Ponte Carreira e despois tomarán parte nunha gran festa de Reis no polideportivo municipal, de 17:00 a 20:00 horas.



