Extinguido un incendio que afectou a dúas naves no polígono da Picaraña en Padrón
Un incendio declarado este mediodía no polígono industrial da Picaraña, en Padrón, afectou a dúas naves da empresa Transportes Rarís. O lume, que se iniciou arredor das 15:20 horas, xa foi extinguido e, segundo confirmaron as autoridades, non houbo que lamentar danos persoais.

