Durante o acto, 13 tendas locais desta vila sacaron á pasarela diferentes conxuntos da colección primavera-verán que se amosaron a través de máis de 60 modelos de tódalas idades que desfilaron ao longo da pista. A actriz, Lidia Veiga, fixo unha presentación de cada unha das tendas protagonistas durante o evento, e foi comentando aos máis de 700 asistentes os diversos looks que sacaron a modelar os comercios participantes, que foron: Arroupadiños, Boutique Anduriña, Calzados Iglesias, Carola Moda, Chorima Perfumería, Estrenas Zapatería, Lage Moda, MD Lencería e Fogar, Mi Tata, Mía María, Miss Zapatos, Moda Ana, Moda Sari e Novavisión Óptica.
A pasarela contou con 3 pases diferenciados onde as prendas adecuábanse a cada fase do día; o de mañá, outro de tarde e por último o de noite. Entre eles, contouse con varios sorteos, gracias a empresas e entidades colaboradoras que quixeron aportar distintos produtos e servizos a esta actividade, para premiar ao público asistente.
Tiveron a sorte de contar coa presenza de Gabriel Alén, Director Xeral de Comercio de Galicia; Xoán Xesús Carril, alcalde do Concello de Arzúa; Diego José Valiño, presidente da AECA e con Begoña Balado, concelleira de Comercio. Tamén asistiron membros do PP do Concello e directivos da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.