ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaSociedad

El circo de los muchachos gaña o premio do público do 38º Cineuropa

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de noviembre de 2024 a las 18:31

Compartir
    • A historia do padre Jesús Silva e o seu mundo de Benposta obtén a valoración máis alta do festival
    • A trixésimo oitava edición do festival ofreceu este novembro 18 días de proxeccións e actividades arredor do cinema nas que participaron case 16.000 persoas

Santiago de Compostela, 25 de novembro do 2024. – El circo de los muchachos, de Elías Siminiani, gaña o premio do público da 38ª edición do festival Cineuropa ao obter a puntuación máis alta de todas as proxeccións sometidas a voto.

A serie conta a historia da Cidade dos Muchachos, fundada por Jesús Silva, “o Cura”, que xunto a 15 rapaces creou unha cidade e un proxecto educativo para a mocidade sen recursos na España franquista de 1956. Está creada a partir dunha combinación de materiais e entrevistas inéditas e dun arquivo único que percorre máis de 50 anos de historia e que conta ata con imaxes gravadas desde o propio estudio de televisión creado en  Benposta.

O director, Elías Siminiani, e o produtor Borja Pena acudiron xunto con outros membros do equipo e algúns dos protagonistas da historia a presentar a serie a Santiago de Compostela.

Siminiani, é investigador sobre diversos formatos e xéneros. Gañou un premio Goya á mellor curta de ficción no 2023 co filme Arquitectura emocional 1959 e o premio á mellor curta en Europa Cinema 2007 por Ludoterapia, entre outros galardóns. Siminiani dirixiu Apuntes para una película de atracos (2018) e tamén docuseries que tiveron moita repercusión como El caso Asunta: Operación Nenúfar (2017) e El caso Alcàsser (2019).

Coa resolución da obra mellor valorada polo público, a 38ª edición de Cineuropa bota o pano a 18 días de programación e máis de 130 obras audiovisuais, alén de concertos, coloquios e numerosas actividades paralelas, que congregaron no Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio de Galicia, NUMAX e a Zona C preto de 16.000 persoas, cunha media de 110 asistentes por filme.

O director de Cineuropa, José Luis Losa, apuntou que “esta 38ª edición foi sobresaliente”. Destacou que o público, “coa súa implicación, as súas votacións ás películas, a súa asistencia ás salas, a súa complicidade e implicación nos numerosos debates cos realizadores é o que reforza esa impresión tan positiva da edición”.

Cineuropa 38

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Cineuropa é un festival organizado polo Concello de Santiago coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña. Na súa 38ª edición conta tamén co apoio do Instituto Camões, o Festival Internacional de Cine de Xixón, o festival Artekino e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais alén de diversos patrocinios de empresas e entidades da contorna de Compostela.

Etiquetas

cineeuropacompostelael circo de los muchachospremiosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans