Dous feridos tras envorcar un coche na peaxe da AP-9 en Sigüeiro
Un accidente producido esta tarde na peaxe da AP-9, á altura de Sigüeiro Oroso, deixou dúas persoas feridas despois de que o vehículo no que viaxaban envorcara. O suceso, que aconteceu en dirección Santiago, mobilizou aos servizos de emerxencia, que trasladaron aos ocupantes a un centro hospitalario.
Líder Redacción