ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Dodro ofrece 100 prazas no programa de emprego 2023/24

 

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de diciembre de 2023 a las 10:19

Compartir

 

 

O luns tivo lugar, no Salón do Plenos do Concello de Dodro, a presentación da nova edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Dodro 2023/2024, na que estiveron representantes políticos dos concellos que integran o ámbito territorial do Programa que, desta volta, son Dodro, Padrón, Rois, Valga, Pontecesures e Catoira, que se incorpora en substitución do Concello de Rianxo. Este ámbito territorial, que inclúe ambas marxes do río Ulla, móstrase como un bo eido de actuación, tanto de potenciais usuarios e usuarias como de tecido empresarial.

O Programa Integrado do Concello de Dodro, financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal cunha subvención de 220.000 €, diríxese a mellorar a empregabilidade de 100 persoas demandantes de emprego do ámbito territorial dos seis concellos mencionados, a través da combinación de actuacións de información, orientación e asesoramento laboral individual; formación para o emprego; obradoiros de coaching e intelixencia emocional, de habilidades sociais, de entrevistas e mobilidade laboral; accións de intermediación con empresas; realización de prácticas non laborais, e fomento do autoemprego e o emprendemento. Trátase, como política activa de emprego, de procurarlles mecanismos e acompañamento na busca de emprego para facilitar a inserción laboral dos colectivos beneficiarios. O compromiso de inserción é dun mínimo do 37%; cifra que foi, de media, ben superada, nos Programas Integrados de Emprego que xestionou o Concello de Dodro nos pasados anos.

As accións do Programa Integrado de Emprego do Concello de Dodro 2023/2024 desenvolveranse ata novembro do próximo ano, comezando pola orientación e asesoramento laboral e ofrecendo formación en sectores diversificados de relevancia laboral na contorna: servizos á comunidade, industrias alimentarias, hostalaría e turismo, fabricación mecánica, comercio e márketing, e téxtil. As persoas beneficiarias percibirán unha bolsa de 10€ por día por asistencia ás accións que se realicen nel.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A selección das persoas para o Programa xa está en marcha. Aquelas que desexen participar deben estar dadas de alta como desempregadas na súa Oficina de emprego de referencia; pertencer a algún dos seguintes colectivos: persoas desempregadas con discapacidade, persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, persoas desempregadas maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI), mulleres desempregadas e persoas desempregadas de longa duración; e solicitar a participación no procedemento de selección directamente no Concello de Dodro, ou a través dos Departamentos de Emprego de calquera dos Concellos participantes. Tamén poden poñerse en contacto co Programa para obter máis información.

Etiquetas

dodroemprego
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

Nai e fillo resultan feridos tras bater contra un can na AG-11 en Dodro
Sucesos

Nai e fillo resultan feridos tras bater contra un can na AG-11 en Dodro

Ames e Brión impulsan a inserción laboral con novas accións do Programa Integrado de Emprego
Comarca

Ames e Brión impulsan a inserción laboral con novas accións do Programa Integrado de Emprego

Dodro denuncia un roubo de cable que afecta a luminarias do concello
Comarca

Dodro denuncia un roubo de cable que afecta a luminarias do concello