ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComercioDestacado

Do 15 de febreiro ao 3 de marzo, ‘As Tapas son a estrela’ de Compostela

20/12/2023.- O concurso de tapas de Compostela cambia de datas nesta edición logo de potenciar a desestacionalización no mes de novembro.

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de diciembre de 2023 a las 20:51

Compartir

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron a campaña de comunicación que se desenvolverá neste Nadal para anunciar o cambio de datas da XV edición do concurso Santiago(é)tapas, que terá lugar do 15 de febreiro ao 3 de marzo, nunha rolda de prensa celebrada no Pazo de Raxoi.

O cambio de datas, que se decidiu conxuntamente entre Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela, faise porque nas dúas últimas edicións, unha vez pasado o coronavirus e coa reactivación plena do sector turístico na cidade, o concurso sufríu un estancamento no número de establecementos participantes debido principalmente á desestacionalización turística, que permitiu que no mes de novembro o sector teña xa un volumen de actividade importante.

Segundo destacou Míriam Louzao: «a recepción que estamos tendo deste cambio de datas por parte dos estabelecementos está sendo moi positiva. En xeral, o cambio trae consigo dúas vantaxes: por unha banda, permitiu que os estabelecementos puidesen traballar no mes de novembro concentrando os seus esforzos na actividade deste mes; por outra banda, os estabelecementos ven que as novas datas escollidas son unha oportunidade para aumentar a súa actividade nun periodo de pouca demanda».

Pola súa banda, Flavia Ramil, apuntou que neste periodo de Nadal desenvolverase unha importante campaña de comunicación baixo o lema «As Tapas son a Estrela», co dobre obxectivo tanto de incentivar a inscrición por parte dos estabelecementos da cidade como de informar ao público interesado do cambio de datas do concurso. Neste sentido, lembrou que a data de peche das inscricións remata o 10 de xaneiro.

Finalmente, Sara Santos, indicou que «a mecánica do concurso será a mesma que a doutros anos, establecéndose varios roteiros e con premios ás mellores tapas, habendo esta edición e como novidade unha etapa e un premio especial á máis doce, co que queremos incentivar a participación de cafeterías e bares que traballan almorzos e merendas».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Santos adiantou tamén que haberá numerosos agasallos para os que completen as etapas, como entradas a espectáculos e festivais de música, noites de hotel, ceas experienciais, etc, e agradeceu «a boa disposición de Turismo de Santiago e Deputación da Coruña; así como dos patrocinadores: Estrella Galicia, Cash Record e Café Dromedario, e do resto de empresas colaboradoras que o fan posible».

Etiquetas

comerciogastronomiahosteleriarestauracionsantiagoTapas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira
Actualidad

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal
Comarca

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal