ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

Diego Álvarez e Tamara Seijas, gañadores da Transgalaica 2025 que se disputou en Ames

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de marzo de 2025 a las 11:23

Compartir

O concello de Ames acolleu este domingo, 16 de marzo, a segunda proba do circuíto Transgalaica 2025. Este ano dito circuíto está composto de cinco probas. A primeira proba da Transgalaica 2024 tivo lugar o pasado 2 de marzo no concello de Cerdedo – Cotobade. A segunda proba do circuíto foi a que se desenvolveu en Ames. As tres probas restantes disputaranse a finais de marzo en Silleda e no mes de abril en Friol e Manzaneda.

Os/as participantes tiveron que dar dúas voltas a un circuíto de 33,14 quilómetros completando un percorrido de 66,28 quilómetros. A proba comezou ás 9:30 horas diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, para pasar despois por Aldea Nova, Augapesada, seguindo por Lamas, ata chegar ás instalacións do Real Aeroclub de Santiago en Piñeiro, o Monte San Marcos e Ventosa. Dende aí volveuse ata Bertamiráns por Aldea Nova.

Unha das principais novidades deste ano foi a incorporación adicional dunha carreira sprint, na que o seu resultado computou puntos para a clasificación xeral absoluta da Transgalaica. Só puntuaron os primeiros 25 clasificados en pasar pola liña de meta na primeira volta. Por motivos loxísticos e de seguridade, estableceuse un control de paso no quilómetro 33 da proba, ao final da primeira volta ao circuíto. Os/as participantes que non pasaron por el antes de 2 horas e 10 minutos tiveron que retirarse clasificando co tempo marcado nese punto.

O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Deportes, Susana Señorís, acompañados doutros concelleiros e concelleiras do goberno municipal seguiron a proba dende varios puntos do circuíto. Posteriormente, participaron no acto de entrega de premios con varios concelleiros e concelleiras dos grupos municipais do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego.

Clasificación xeral masculina e feminina
Na categoría masculina os tres primeiros ciclistas en chegar á liña de meta foron: Diego Álvarez Alonso, do Club ciclismo Podium Team AD, cun tempo de 2:45:12 (da categoría Master 30); Daniel García Castaño, do Club de montaña Xesteiras, cun tempo de 2:46:29 (da categoría Elite); e Brandan Márquez Fernández, do Club V Bikes Team, cun tempo de 2:49:37 (da categoría Elite).

Por outra banda, na categoría feminina a primeira ciclista en cruzar a liña de meta foi Tamara Seijas Fernández, do Club RG Bikes Scott Team, cun tempo de 3:30:03 (da categoría Elite-Sub 23). A segunda en chegar á meta foi Mar Delgado González, do Club Monteneme, cun tempo de 3:35:30 (da categoría Elite-Sub 23); mentres que a terceira en completar o percorrido foi Raquel Román Sarmiento, do Club ciclista Bici Verde, cun tempo de 3:39:34 (da categoría Elite-Sub 23).

Gañadores/as da categoría Elite e Máster 30
Na categoría Elite masculina os tres primeiros clasificados foron Daniel García Castaño, do Club de montaña Xesteiras, cun tempo de 2:46:29; Brandan Márquez Fernández, do Club V Bikes Team, cun tempo de 2:49:37; e Ignacio Casal Vázquez, tamén do Club deportivo Extol MTB Team, cun tempo de 2:52:44. Na categoría Elite-Sub 23 feminina as tres primeiras clasificadas coinciden coas tres primeiras ciclistas que chegaron á liña de meta.

Na categoría Máster 30 masculina os tres primeiros clasificados foron Diego Álvarez Alonso, do Club ciclismo Podium Team AD, cun tempo de 2:45:12; José Carlos Canosa Bouzada, do Club de montaña Xesteiras, cun tempo de 2:54:00; e Francisco Javier Vilas Arjones, do do club Sanomedio ACD, cun tempo de 2:54:21.

Na categoría máster feminina a primeira foi Rebeca Muñoz Narciso, do Club de montaña Xesteiras, cun tempo de 3:51:42; e en segunda posición quedou Olalla Duro Liñares, do club BTT O Treito, cun tempo de 4:05:55. Premendo nesta ligazón podes consultar as clasificacións de todas as categorías.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Operativo de seguridade
Esta proba contou coa colaboración da Agrupación de Protección Civil de Ames e doutros concellos da comarca, dos/as axentes da Policía Local de Ames e do persoal auxiliar do Club Os Esfola Arrós, que estiveron repartidos ao longo dos 33 quilómetros que tiña o circuíto para atender posibles incidentes.

Etiquetas

amesdeportestransgalaica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación