Detido un veciño de Arzúa por unha agresión con arma blanca nun bar
Líder Redacción
8 de marzo de 2024 a las 12:58
Axentes do posto da Garda Civil en Arzúa detiveron a un home como suposto autor dunha agresión con arma branca nun establecemento de hostalería do concello.
Tras ser avisados do incidente, unha patrulla trasladouse de inmediato ao bar, pero xa nese momento a vítima fora levada ao centro de saúde, dende onde se decidiu derivar ao Hospital Clínico de Santiago para tratar mellor a ferida causada polo puñal.
Dende ese primeiro momento, os gardas civís comezaron as investigacións que, grazas ao traballo de campo levado a cabo, permitiron identificar plenamente o suposto agresor, que é veciño da capital da comarca arzuá. Unha vez localizado, foi arrestado e está a ser investigado por un delito de lesións.



