Detido con droga en Santiago tras ser delatado polo seu pai
Na mañá do pasado martes, na rúa Doutor Maceira do barrio de Conxo, en Santiago, a Policía Local detivo a un mozo de 25 anos como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. A intervención produciuse despois de que os veciños alertasen á Policía dunha forte discusión familiar nun dos pisos do edificio. Unha vez no interior da vivenda, o pai do mozo tería delatado ao seu fillo, indicando o lugar onde este ocultaba a droga.
Líder Redacción
2 de mayo de 2024 a las 11:48
No interior da habitación do mozo, os axentes interviron un centenar de pastillas, unha balanza de precisión e bolsas para o empaquetado, así como cinco quilos de haxix ocultos noutra dependencia do mesmo edificio, segundo informa El Correo Gallego. O detido está á espera de ser posto á disposición xudicial. A discusión familiar tería comezado despois de que o pai do mozo expresase a súa preocupación polo estilo de vida do seu fillo desde o seu regreso a Santiago.



