ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoSalud

Denuncian demoras «ilegais» en Traumatoloxía do CHUS

 

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de noviembre de 2024 a las 17:43

Manuel, paciente da área de Traumatoloxía do CHUS

Compartir

En febreiro do 2023 a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou demoras irregulares e alarmantemente prolongadas en pacientes con prioridade dous do servizo de cirurxía ortopédica e traumatolóxica e que, polo tanto, deberían ser intervidos nun prazo non superior a 90 días. Hoxe, despois de ano e medio, volvemos ter coñecemento de que se seguen producindo demoras que incumpren os criterios clínicos e as normas sobre tempos máximos de espera para unha intervención cirúrxica. Manuel F.A., paciente desta área sanitaria, soportou durante meses unha doenza de cadeira tempo dependente e invalidante con prolongados episodios de dor que debía ser atendida cirurxicamente antes do 28 de maio do 2024 e que, finalmente, se produciu o 12 de novembro: 174 días despois do tempo máximo de espera. Este é o seu testemuño:

“Son paciente diagnosticado desde o 9 de outubro do 2023 con necrose avascular da cabeza femoral, bilateral e lumbociatalxia dereita de características mecánicas. O 28 de febreiro do 2024 fun incorporado ao rexistro de pacientes en espera para hospitalización cirúrxica de prioridade 2 ao ser unha doenza extremadamente dolorosa e tempo dependente e que, no meu caso, debe ser tratada mediante cirurxía de implante de PTC (prótese total de cadeira) esquerda. 

Dado que non se me citaba para realización da intervención cirúrxica, presentei reclamación ante o Servizo de Atención ao Doente do CHUS os días 11/06 e 18/10 do 2024. Na resposta correspondente á reclamación do 10/06/2024, que non está expedida polo servizo afectado, a pesar de que transcorrera amplamente o tempo máximo de espera para unha prioridade 2, respóndenme cun texto tipo que nada di respecto da miña situación concreta. Como consecuencia das demoras e a forte dor que padezo, véxome obrigado a acudir en 5 ocasións á unidade de urxencias hospitalarias do CHUS, dúas despois da miña incorporación á lista de espera, onde se emiten informes que acreditan o proceso de deterioro que sufro e o como os problemas se reproducen na cadeira dereita. Finalmente, transcorridos 264 días desde que fun incluído na lista de espera e cunha demora de 174 desde que rematou o prazo para ser intervido cunha prioridade 2,  o servizo de traumatoloxía comunica que debo ingresar no Hospital de Conxo o próximo día 11 de novembro para ser intervido o día seguinte.”

Este procedemento constitúe non só a negación efectiva do dereito de atención, facendo prevalecer criterios administrativos ou de medios fronte aos criterios clínicos, senón que ademais é unha vulneración total e absoluta do establecido na Orde do 19 de maio de 2003 do Servizo Galego de Saúde que establece que os pacientes con prioridade 2 é recomendable que sexan intervidos nun prazo inferior a 90 días. 

Pero, o máis alarmante é que, de acordo coa información subsministrada polo aplicativo do SERGAS para a xestión das listas de espera estruturais, o 22 de outubro do 2024, 658 pacientes estaban incluídos nela agardando a ser intervidos neste servizo coa mesma prioridade 2 e tipo de asistencia que Manuel.

A falta de atención a Manuel F.A. nos prazos legalmente recomendados vai asociada a unha nula información por parte de traumatoloxía que se limita, a través do servizo de Atención ao Doente e da subdirección de Humanización, a responder con frases tipo sen engadir ningunha razón que xustifique a demora, aínda que os pacientes temos expresamente recoñecido no artigo 10.2. da Lei 8/2008, de saúde de Galicia, o dereito a coñecer e recibir verbalmente, con motivo de calquera actuación no ámbito da saúde, toda a información dispoñible sobre a mesma. Pero, ademais de non recibir información verbal, as respostas por escrito fanse sen que recollan a data e a sinatura, como requisitos formais mínimos esixibles a calquera administración que considere os cidadáns suxeitos de dereitos.

O resultado final de todo isto é un paciente que ve empeorada a súa situación social e clínica por falta de atención, un sistema público de saúde que vulnera un día si e outro tamén os dereitos dos pacientes, que coloca a persoas que precisan atención prioritaria nun limbo de total abandono e indefensión, e un clima de descrédito da sanidade pública en beneficio da privada que rompe o principio de equidade. 

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS solicitará unha nova entrevista coa xerencia e co xefe do servizo de cirurxía ortopédica e traumatoloxía, coa intención de aclarar a situación de Manuel F.A. e dos centos de persoas a quen, coma a el, se lles está negando o dereito de atención nos tempos clinicamente requiridos. Esiximos que prevaleza o criterio dos especialistas sobre un mal entendido aforro, que supón en realidade, a medio e longo prazo, un custo moi superior en recursos, iso por riba do prexuízo de todo tipo que supón para cada unha das persoas afectadas e das súas familias.

Etiquetas

chuscomposteladenunciasantiagosaude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago
Destacado

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes
Actualidad

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»