ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarcaPolítica

De Ninghures, Carlos Blanco e Gloria Pavía actuarán o domingo 13 de xullo na Casa-Museo de Rosalía

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de julio de 2025 a las 12:57

Compartir
  • A deputada provincial Soledad Agra asistiu esta mañá á presentación desta cita que tamén contará coa participación dos portugueses Canto d’Aqui e Paco Nogueiras e as escritoras Berta Dávila e Pilar G. Negro, entre outras
  • A Fundación Rosalía tamén celebra o martes 15 de xullo o cabodano do pasamento da autora no que actuará Tres Pesos

A Fundación Rosalía de Castro pon en marcha a sétima edición do festival ‘Abride a Fiestra’, que terá lugar o vindeiro domingo 13 de xullo. O evento acollerá diferentes manifestacións culturais tendo a Rosalía como figura central. Entre os protagonistas musicais están De Ninghures, Gloria Pavía, os portugueses Canto d’Aqui e Paco Nogueiras; o cómico Carlos Blanco; e as escritoras Berta Dávila e Pilar G. Negro, entre outros. Así se anunciou esta mañá nunha presentación na que participou a deputada provincial, Soledad Agra, acompañada de Anxo Arca, alcalde de Padrón; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Carlos Carrión, presidente da Cooperativa Vitivinícola Arousana (Paco&Lola) e Pedro González, responsable de Deleite.

«Citas como esta demostran que temos unha morea de talento autóctono, que analiza a nosa realidade nacional desde a mesma óptica que Rosalía, con orgullo de país, de lingua, de cultura e con perspectiva feminista» salientou a deputada, que engadiu que é «un orgullo» para a Deputación apoiar esta iniciativa e contribuir «a que se abran as portas e as fiestras desta casa cada ano, a Casa de Rosalía, a casa de todas, que nos acolle para que desfrutemos, de concertos, contacontos, xogos, visitas guiadas, charlas, libros e até cata de viños».

Nunha xornada de portas abertas de 11 da mañá ata 12 da noite que estará dedicada ás cantareiras e á cultura popular, o Xardín, a Casa-Museo e o auditorio acollerán case vinte actividades. Na Horta terán lugar os concertos de De Ninghures, Gloria Pavía&Rafa Morales, Canto d’Aqui e Paco Nogueiras ou o contacontos de Carlos Blanco, alén da observación astronómica da man de Xabier P. Couto. Para os máis pequenos haberá xogos populares, un concerto de Paco Nogueiras, un obradoiro de creación libre de obxectos sonoros con materiais naturais con Miudiño e unha escape-room na Casa-Museo da man de Rita Bugallo.

Na propia Casa-Museo tamén haberá visitas guiadas por persoeiros, como as profesoras Pilar G. Negro e Carme Pérez-Sanjulián, e o escritor Manuel Lorenzo Baleirón; ademais de Miguel Lois, que a realizará sobre o recén reformado Xardín de Rosalía.

No Auditorio haberá varias actividades literarias: Berta Dávila presentará coa xornalista Ana G. Liste a súa última novela, ‘A ferida imaxinaria’; e Pilar García Negro presenta o seu ‘Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos’ canda a profesora Carme F. Pérez Sanjulián. Ademais haberá unha cata de viños auspiciada pola adega Paco & Lola. Tamén haberá posibilidade de xantar na propia Horta da Casa da Matanza, que estará amenizado polas Maruxa e Coralia Dilleis.

Alén do festival, dous días máis tarde, 15 de xullo, a Fundación Rosalía de Castro celebra o cabodano do pasamento de Rosalía de Castro cun acto público que incluirá discursos institucionais e a entrega da Rosa de Galicia, insignia que se lle outorga a persoas ou institucións que se significaran na defensa da figura da escritora ou na promoción do legado rosaliano. O acto rematará cun concerto do trío Tres Pesos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

casa de rosaliafestivalpadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’