Facer visibles para o conxunto da cidadanía os proxectos solidarios, así coma as iniciativas de comercio local, é a meta de ‘12 comercios, 12 sensibilidades’ que o Concello de Santiago pon en marcha durante este 2024. Unha idea que xurdira dun grupo de formación que en 2019, na Cámara de Comercio de Santiago, deu pé á creación dun grupo de traballo que busca promover a economía circular. Unha iniciativa coa que está a colaborar Radio Líder Santiago.
O colectivo está integrado por 12 mulleres que rexentan outros tantos comercios de diversos sectores e que se definen unidas pola empatía, resiliencia e sensibilidade social, firmemente convencidas de que a través dos nosos espazos podemos dar voz a asociacións que, cos seus proxectos solidarios, melloran a vida de moitas persoas e fan que as cidades sexan máis humanas.
Até o de agora conviviron os proxectos Águila Atlántica e Fundación Pictoaplicaciones, durante o mes de xaneiro; a xoiería José Antonio e Solidaridade Internacional Galicia, no mes de febreiro; a tenda Naf e o programa Vagalume, en marzo; o Centro Deportivo Atmósfera e mais ACEM (que traballa con persoas migrantes e refuxiadas), en abril; durante o mes de maio a Papelaría Xaquín e Agadea (asociación centrada no Alzheimer); e La Tienda de María e Acougo (Asociación de Familias de Acollida) o mes pasado.
Quedan por diante Maravalla e o Refuxio de Bando, en agosto; Cousas do Campo e Daqui Darrederee, en setembro; a xoguetaría EscondiT e a Obra Social de Pediatría, en outubro; María Brey Deseño e a Cociña Económica no mes de novembro; e QuenllaSCQ e lasolvidadas.org, para despedir o ano.
A entrevista completa, no seguinte enlace.