Corte de tráfico na avenida da Coruña que afectará á liña 8 de bus urbano
O vindeiro domingo, 10 de decembro, pecharase ao tráfico a avenida da Coruña por mor da instalación dun guindastre á altura do número 10 para unha obra de carácter particular, entre as 8.00 h e o remate dos traballos.
Líder Redacción
8 de diciembre de 2023 a las 12:34
Transporte urbano
Por mor deste corte, a liña 8 en sentido Camiño dos Vilares realizará o seguinte desvío:
Domingo 10 de decembro, desde o inicio de servizos ata as 20:00:
*Saídas de tanatorio de Boisaca / Camiño dos Vilares: non se alteran.
*Saídas de Vidán: os autobuses desviaranse pola avda. Mestre Mateo, Rosalía de Castro e retomarán o seu itinerario na avda. Xoán Carlos I.
Nese intervalo horario, quedarán suprimidas as seguintes paradas: (156) Campo de San Domingos, cruce Mestre Mateo; (158) Campo de San Domingos, cruce rúa Bidueiro; (568) San Lourenzo, estrada; (563) San Lourenzo, cruce J. M. Suárez Núñez; (565) San Lourenzo, carballeira; (79) avda. das Burgas, instituto Xelmírez; (78) avda. da Coruña, cruce Feáns.
O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.



