ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

Convócanse os Premios de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de diciembre de 2023 a las 15:20

Compartir
  • O gañador recibirá 6.000 euros e poderán concorrer todas as persoas investigadoras que presenten un traballo realizado total ou parcialmente en universidades ou centros de investigación da nosa comunidade
  • O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 15 de febreiro

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) convoca os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2023. Estas distincións están destinadas a recoñecer a investigación de maior nivel desenvolta en Galicia nas áreas de coñecemento de matemáticas, física e da ciencias da computación, química e xeoloxía, bioloxía e ciencias da saúde, ciencias técnicas ou ciencias económicas e sociais, todas elas integradas na RAGC.

O premio, que este ano cumpre a súa trixésimo terceira edición, está dotado con 6.000 euros e un diploma acreditativo. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o vindeiro 15 de febreiro de 2024. Ademais, poderán concederse ata dúas mencións especiais. A participación tramitarase de xeito telemático a través dun formulario electrónico dispoñible na páxina web da Real Academia Galega de Ciencias (www.ragc.gal).

Segundo as bases da convocatoria, poderán concorrer todas as persoas investigadoras que presenten un traballo realizado total ou parcialmente en universidades ou centros de investigación de Galicia. As propostas tratarán sobre temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas xa mencionadas das seccións da Academia. Polo menos unha ou un dos autores deberá ser doutor. O traballo debe estar xa publicado ou aceptado para a súa publicación con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022. Non poderán presentarse propostas que estean concorrendo a outros certames ata o acto público de entrega de galardóns.

Só se poderá presentar unha única candidatura por solicitante. O xurado estará composto por sete membros, cinco deles pertencentes a cada unha das seccións da Real Academia Galega de Ciencias, xunto ao presidente e a secretaria da institución.

Etiquetas

academia galegacienciasinvestigacionPremios
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Down Compostela premia á USC, ao CEIP Os Tilos e á empresa Balidea polo seu compromiso coa inclusión
Actualidad

Down Compostela premia á USC, ao CEIP Os Tilos e á empresa Balidea polo seu compromiso coa inclusión

Eloy Fernández Mateos recibe o Premio Fundación SGAE de Investigación en Cultura 2025
Actualidad

Eloy Fernández Mateos recibe o Premio Fundación SGAE de Investigación en Cultura 2025

Un novo avance científico da USC achega luz sobre a orixe do cancro
Destacado

Un novo avance científico da USC achega luz sobre a orixe do cancro