Convocan unha nova gran manifestación contra Altri en Santiago o 14 de decembro
A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa (PDRA) anunciaron este luns en Santiago a convocatoria dunha mobilización nacional o vindeiro 14 de decembro para mostrar rexeitamento ao proxecto industrial que a empresa Altri pretende desenvolver en Palas de Rei (Lugo).