Convocada en Santiago unha nova manifestación en contra de Altri
Convocan unha manifestación en Compostela contra o proxecto de Altri polo impacto no río Ulla e o sector mar-industria.
Líder Redacción
2 de diciembre de 2024 a las 00:24
As plataformas Ulloa Viva e En Defensa da Ría de Arousa (PDRA) convocaron unha manifestación para o vindeiro 15 de decembro en Santiago de Compostela, en oposición ao proxecto de Altri, que pretende captar diariamente do río Ulla máis auga da que consome toda a provincia de Lugo. Esta auga sería devolta tratada con produtos químicos, xerando preocupacións polo seu impacto ambiental.
As plataformas subliñan que o proxecto pode comprometer a saúde económica e ambiental dunha área clave para Galicia.